Lémbrase que o vindeiro xoves día 8 de Setembro ás 10:30 horas levarase a cabo no centro unha reunión informativa destinada ás familias do alumnado de 3 anos que se matricularon para este curso 2016/2017
Os cursos 3º e 4º de Primaria fixemos o pasado 10 de xuño unha viaxe á cidade da Coruña. Tivemos unha axenda ben apretada: Aquarium Finisterrae, paseo ata a Torre de Hércules e Museo DOMUS. Que boa maneira de rematar o curso!!!!
O venres día 3 recibimos no colexio a unha deportista de primeiro nivel: a xogadora de fútbol Vero Boquete. Falounos dos seus comenzos, dos equipos nos que xogou, dos títulos (1 Liga de Campións, 1 Bundesliga, entre outros). Ademais, Vero é a capitana da Selección Española de fútbol. Tamén, asinou autógrafos e xogou ao futbol coa meirande parte do alumnado. Xenial !!!.