![Atletismo Franciscanos Lugo: AVISO IMPORTANTE](https://3.bp.blogspot.com/-Fzb15IjPwT8/VLxHd_tcCFI/AAAAAAAAACs/1X3hj3x_H1Y/s1600/AVISO20IMPORTANTE-rojoamarillo.gif)
Estimadas familias:
Esperamos que vos atopedes ben de saúde, que nestes días é o máis importante.
Alén diso, ata o de agora algúns alumnos/as xa teñen contactado cos seus titores/as, pero outros aínda non o fixeron.
Tendo en conta que é posible que esta situación de confinamento se prolongue, sería convinte que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que aínda non contactara cos seus titores, o faga ao longo desta semana. Así poderemos facer un seguimento máis estreito das incidencias que vaian xurdindo.
Un saúdo