Skip to Content

VISITA AO PARQUE ZOOLÓXICO de MARCELLE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria visitaron o Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Sen dúbida, unha experiencia inesquecible: animais salvaxes nos seus hábitats, xogos e actividades cos monitores do parque. Que mellor maneira de rematar o mes de maio! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O pasado día 16 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas 2018 no que homenaxeamos á escritora María Victoria Moreno. Houbo música, poemas, teatro, e moita festa. Premede nos enlaces para ver as actuacións !

1º EP - Poema Mar adiante             2º EP - Can negro, can branco

4º - 5º - 6º TEATRO                     4º A - Poema Xa non teño medo

5º EP - Versos para Compostela     5º EP - Música tradic: Jota de Coles

6º EP - Piratas das Letras.            6º EP - Poema

ENTREGA DE PREMIOS  

SEGURIDADE VIAL

Recentemente os alumn@s de 6º de Primaria asistiron a unha práctica de Seguridade Vial, levada a cabo no Mercado de Amio, e organizada por axentes da Policía Local de Santiago de Compostela. Moito olliño e seguriño! Guiño

 VER FOTOS NA GALERÍA

DÍA DO LIBRO

O pasado luns 23 de abril celebramos, como cada curso, o Día do Libro. Unha vez máis organizamos un mercado de libros, no patio do colexio, para que os alumnos de Ed. Infantil e Primaria puidesen trocar os seus libros usados polos dos seus compañeir@s. Nesta ocasión os "sionllos", están adicados a María Victoria Moreno, que será homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Que mellor xeito de poñer en valor os libros que darlles unha segunda vida para que outro neno ou nena os poida desfrutar. Guiño

VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA Á FÁBRICA DE CLESA

O pasado xoves 19 de abril o alumnado de 3º de Primaria visitou as instalacións da fábrica de iogures CLESA, en Caldas de Reis, dentro do PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE E PRODUCTOS LÁCTEOS. Faláronlles sobre o proceso da fabricación do iogur e, por suposto, degustaron produtos lácteos. Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

EMOTICORES para 3º & 4º EP

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria asistiron no, Teatro Principal, ao espectáculo de danza Emoticores; posto en escea por Cristina Montero e Rut Balbís, Las Tricotouses, no que combinan danza, formas e cores para levarnos ao mundo das emocións cunha linguaxe diferente.

HIPO & GAVANTE CHEGAN AO AUDITORIO

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu, no Auditorio, ao espectáculo musical da Banda Municipal de Música de SantiagoHistoria Extravagante de Hipo & Gavante. Esta é unha historia na que un hipopótamo e un bogavante nos falan das dificultades que hai que superar, ás veces, cando facemos novos amigos.

ENTROIDO DOS ANIMAIS NO AUDITORIO

O pasado mércores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º Ed. Primaria asistiron, no Auditorio de Galicia,  a un concerto didáctico a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Interpretaron a obra O entroido dos animais do compositor francés Camille Saint-Saëns, que nos permitiu achegarnos ao mundo animal mediante a música. Pasárono tan ben que se lles pasou voando!!! Risa

FESTIVAL DE ENTROIDO

Xa pasamos o Entroido e hai que lembrar que no colexio tivemos unha boa festa: música, desfile de disfraces, baile, troula e chocolatada con moitos doces. Botade unha ollada e xa veredes ... Risa

          VER VÍDEO en YOU TUBE            VER FOTOS NA GALERÍA 

CONCERTO SINGULAR NO AUDITORIO

O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu o pasado martes a un Concerto Singular ou Concerto a Dúas Bandas, espectáculo musical conxunto entre o grupo Píscore e a Banda Municipal de Santiago de Compostela.Os nenos e nenas pasárono en grande nunha posta en escea que mesturou o virtuosismo musical coa comedia xestual, o clown e a participación dos nenos e nenas.

VER FOTOS NA GALERÍA


Distribuir contido


by Dr. Radut