Skip to Content

SON, MÚSICA e ACCIÓN ! - 1º & 2º EP

O pasado 17 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu no Auditorio a un espectáculo chamado "Son, música e acción!". Foi un espectáculo audiovisual no que se mesturaron escenas de longametraxes de animación coñecidas polos nenos xunto con outros contidos, logrando que o público se convirta en parte activa do espectáculo.

VER VÍDEO

TEATRO TERRORÍFICO

Co gallo do Samaín, os alumn@s de 5º e 6º de EP, dirixidos por Cecilia, a mestra de Música, estiveron representando nestas semanas 3 obriñas de teatro que daban "arrepíos". Guiño Aquí tedes os enlaces para velas: 

5º A - Donde viven los monstruos.

5º B - O baile dos esqueletos.

6º - Veciños vampiros. 

MAGOSTO

O pasado venres 9 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Como non tivemos moita sorte coa meteoroloxía, tivemos que facer os xogos no ximnasio. Aínda así, os nen@s pasárono en grande cos diversos xogos e competicións que fixeron. Pero o mellor de todo foron, coma sempre, as castañas asadas.

VER FOTOS NA GALERÍA

CONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu hoxe a un concerto didáctico que tivo lugar no Auditorio de Galicia.  Os escolares puideron desfrutar coas peezas máis destacadas da obra O crebanoces de Chaikovski. Foi un espectáculo musical con títeres de fío e teatro de sombras realmente inesquecible. 

SAMAíN

E, claro, despois de disfrazarse haberá que ver as fotos ou non? Guiño

VER FOTOS NA GALERÍA

BENVIDOS AO NOVO CURSO !!!

LIBROS DE TEXTO 2018-2019

 Libros de texto para o curso 2018/2019:

      

ILLAS CÍES 5º & 6º

Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria estiveron nas Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Foi unha visita guiada na que as monitoras do parque nos ensinaron a flora e a fauna destas illas. Subimos ata o Alto do Príncipe e sentámonos na Silla da Raíña. Menudas vistas!!! Ah! Tampouco, podía faltar un pouco de troula na praia de Rodas. Inesquecible!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

Os alumn@s de 3º & 4º visitan a CASA DO PATRÓN.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Ed. Primaria visitaron o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Lalín. Viron como eran antigamente as casas, as escolas ... Tamén foron andando ata o Castro de Doade e puideron observar unha excavación arqueolóxica. Una viaxe no tempo para rematar o curso.

VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA AO PARQUE ZOOLÓXICO de MARCELLE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria visitaron o Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Sen dúbida, unha experiencia inesquecible: animais salvaxes nos seus hábitats, xogos e actividades cos monitores do parque. Que mellor maneira de rematar o mes de maio! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA 

Distribuir contido


by Dr. Radut