Skip to Content

TEATRO NA FUNDACIÓN SGAE

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria acudiron o luns 11 de novembro á dramatización Poeta niña que tivo lugar nas instalacións da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, dentro do ciclo Escena en familia. Esta obra de teatro foi toda unha mostra de creatividade e iniciación á poesía con palabras e sons. Ao rematar a función os pequenos puideron interactuar cos instrumentos musicais empregados. Foi moi divertido. Risa

SAÍDA AO CGAC

O pasado martes 5 de novembro acudimos, co alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, ao Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) para asistir a un concerto didáctico titulado Un profundo misterio. A actividade tratou sobre a influencia da noite e a natureza en famosos compositores de música clásica como Debussy ou Brahms.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Nesta semana celebramos o Samaín/Halloween no noso colexio. Houbo contos terroríficos, debuxos arrepiantes, disfraces abraiantes, cabazas monstrosas, películas, cancións ... 

VER FOTOS NA GALERÍA

ANIMALIA

O pasado xoves 24 de outubro os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron ao espectáculo musical Animalia, que tivo lugar no Auditorio de Galicia. Na súa posta en escena, as personaxes Pico e Pata recrearon sons e ritmos populares coa axuda da Banda Municipal de Música do Concello de Santiago. Premede no enlace para ver o vídeo.

VER VÍDEO EN YOUTUBE

BOAS VACACIÓNS

Outro ano máis chegamos ao fin do curso escolar. So queda desexar que teñades unhas boas vacacións para "cargar as pilas" de cara ao vindeiro curso. 

BO VERÁN !!!!

VISITAMOS MARCELLE NATUREZA

O venres 7 de xuño visitamos o parque zoolóxico Marcelle Natureza co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Foi un día moi intenso, malia que caese algunha chuvieira de cando en vez. Así e todo, viron moitos animais, fixeron tiro con arco e tiveron un día de convivencia xenial. Pulsade no enlace para ver as fotos.

 VER FOTOS NA GALERÍA

EXCURSIÓN Á CORUÑA - 3º & 4º

Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP estiveron na Coruña e tiveron unha xornada moi ocupada. Visitaron o Aquarium, a Casa das Ciencias e o Domus. Premede no enlace para ver as fotos.

VER FOTOS NA GALERÍA

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Despedimos a semana pasada coa celebración do Festival das Letras Galegas. Neste ano 2019, o homenaxeado foi o escritor pontevedrés Antón Fraguas. Tivemos un amplo repertorio con cantigas, poemas, regueifas, teatro e moitos premios. Premede nos enlaces para ver as actuacións !

4º EP - Catro vellos mariñeiros               3º & 5º EP - Alalá do canteiro   

3º EP - Entrevista a Antón Fraguas        4º_5º_6º EP - Teatro: A tía Lambida

5º A - Poemas                                          2º_5º A_6º EP - Regueifa & cantiga     

Entrega de premios  

SEGURIDADE VIARIA

O pasado martes 7 de maio, o alumnado de 6º de Ed. Primaria acudiu ao Recinto Feiral de Amio para realizar unha actividade dirixida por axentes da Policía Local do Concello de Santiago. Tratábase de concienciar aos futuros condutores e peóns da importancia de circular axeitadamente polas vías públicas e beirarrúas. Premede no enlace para ver as fotos.  Risa

VER FOTOS NA GALERÍA 

DÍA DO LIBRO

O pasado venres celebramos no colexio o Día do Libro. Como xa é tradición nos últimos anos, o Equipo de Biblioteca organizou un mercado de troco de libros usados. Que mellor celebración que darlles aos libros unha segunda vida para que alguén máis o poida desfrutar. Este ano a nosa moeda de cambio, o Sionllo, está adicado a Antón Fraguas, que será homenaxeado no Día das Letras Galegas.

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut