Skip to Content

RTVE LANZA EDU CLAN

Radio Televisión Española lanzou recentemente EDU CLAN una ferramenta educativa organizada por idades con diferentes contidos de Ed. Infantil e Primaria. Premede aquí.

TAREFAS ESCOLARES PARA 3º EP

Estas son as tarefas escolares para 3º de Primaria para as dúas vindeiras semanas. Premede no arquivo axdunto para descargalo.

TAREFAS ESCOLARES PARA 6ºB

Estas son as tarefas escolares para 6ºB para as dúas vindeiras semanas. Premede no arquivo axdunto para descargalo.

MEDIDAS A ADOPTAR NO CENTRO EN RELACIÓN AO COVID-19

PREGAMOS PRESTEN ATENCIÓN AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

DESCUBRINDO A BIODIVERSIDADE EN BELVÍS

O pasado día 6 de marzo, o alumnado de 6°A e 6ºB acudiu ao Centro de Interpretación de Parques e Xardíns situado no parque de Belvís para observar a biodiversidade animal e vexetal da zona de Compostela. Despois de repasar os tipos invertebrados que hai, construíron un hotel de insectos que xa quedou instalado no noso colexio. Foi ata unha experiencia e ata tivemos bo tempo! Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

FOMOS AO TEATRO PRINCIPAL.

Hoxe, as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria acudiron ao Teatro Principal para presenciar a obra de teatro Aguratrat, baseada no libro "Esio Trot"  de Roald Dahl, un dos escritores senlleiros no eido da literatura infantil e xuvenil. A devandita obra foi posta en escena pola compañía teatral Pérez y Fernández.

VER FOTOS NA GALERÍA

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Que mellor maneira de celebrar o Día de Rosalía que cunha canción baseada na obra da nosa escritora máis senlleira. Seica na clase de Música dan ... o DÓ de peito !! Guiño 

 

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén celebraron o Día de Rosalía cun recitado de poemas de Rosalía. Quedou moi ben!!!!

XA CHEGOU O ENTROIDO !!!

Celebramos o Entroido neste ano 2020 no noso colexio cun desfile temático relacionado co mar, cunha selección musical moi axeitada. Queredes velo? Pois, premede nos enlaces !!

     VER VÍDEO CANAL YOUTUBE                   VER FOTOS NA GALERÍA

VENRES SEN PLÁSTICO

Neste ano 2020, empezou a rodar a campaña polo medio ambiente, impulsada polo Equipo de Biblioteca. Como xa sabedes, trátase de non traer plástico nas merendas os venres de cada semana. Como vedes, aínda hai que mellorar, pero estámolo a conseguir. Lembrade!!! É un pequeno paso para a nosa merenda, pero un gran salto para o noso planeta. Risa  

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Nesta ocasión, as nenas e nenos de Ed. Infantil e Primaria prepararon un baile e formaron no patio o símbolo da paz. Premede nos enlaces para ver o vídeo e as fotos. Guiño

            O BAILE DA PAZ                    VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut