Skip to Content

FALAMOS DE ARQUEOLOXÍA

O alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria asistiu a unha charla impartida por Roberto Aboal, arqueólogo da Universidade de Santiago de Compostela. Explicounos como é o traballo dun arqueólogo, os utensilios cos que traballan, traballos que están levando a cabo ... Foi moi interesante. 

VISITOUNOS PEPE CARREIRO

Recentemente, tivemos o pracer de recibir ao célebre ilustrador e debuxante de banda deseñada Pepe Carreiro. A súa carreira artística abrangue moitas obras e personaxes, como son Historia de Galicia, Os Barbanzóns e Os Bolechas. Debuxou e asinou moitos libros para ledicia de todo o alumnado. 

MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O xoves 17 de marzo 3º e 4º de Ed. Primaria estivemos no Museo de Historia Natural de Santiago, situado no fermoso parque de Vista Alegre. Tivemos unha mañá ben completiña, vendo todas as cousas que hai no museo: animais, plantas, algas, fungos, minerais, rochas ... ata pedras preciosas!!! 

VER FOTOS NA GALERÍA

RUTA ROSALIANA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP percorreron os lugares máis importantes de Santiago de Compostela na vida da nosa escritora máis senlleira, Rosalía de Castro. El Correo Gallego recolleuno nas súas páxinas...Tamén podedes ver o percorrido nun vídeo conxunto co CEIP López Ferreiro. Premede nos enlaces.           

ROTA COMPOSTELÁ POLA BIOGRAFÍA DE ROSALÍA

     

   

 VER FOTOS E VÍDEO      NA GALERÍA 

 

VIVA O ENTROIDO!!!!

Xa estamos no Entroido. Os alumnos e alumnas do noso colexio festexaron ben a gusto. Houbo máscaras, disfraces, música, e por suposto o Meco, que quedou un pouco chamuscadiño. Despois, os nosos pequenos "trasnos" recobraron as forzas cun chocolate e doces típicos destas festas. Se queres comprobalo, preme nos enlaces!!!

        FOTOS NA GALERÍA             FESTIVAL DE ENTROIDO 

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

A semana pasada tivemos diversas actividades co gallo da celebración do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, o día 30 de xaneiro, aniversario da morte desa figura senlleira que foi Mahatma Gandhi. Fixemos murais, tivemos contacontos, cantamos, e moitas cousas máis... As nenas e os nenos de Infantil e Primaria deixaron os seus desexos de paz rexistrados para a posteridade. Queredes velos?

PENSAMENTOS DE PAZ  

CONTACONTOS POLA PAZ

Co gallo da Semana Escolar pola Paz e a Non Violencia tamén tivemos ao contacontos Anxo Moure, que fixo as delicias dos pequenos e dos non tan pequenos.

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Recentemente, o alumnado de 5º e 6º de EP puido disfrutar dun pequeno concerto de música clásica, por xentileza da Escola Municipal de Música e Danza.


EXCURSIÓN Á CORUÑA

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Primaria viaxaron á cidade da Coruña para visitar o Domus e A Casa das Ciencias. Tiveron un día ben aproveitado! 

VER FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES

FESTIVAL DE NADAL

Aquí están as actuacións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria. Podedes desfrutalas de novo premendo nos seguintes enlaces:                                                                             

EI 3 anos - Camiño das estrelas.                 EP 3º - Abre as portas.

EI 4 anos - Estrella del rock.                      EP 4º - Aló entre as pallas.

EI 5 anos - Buscando unha estrela.             EP 5º - O pendello.

EP 1º - Villancico pop.                                 EP 6º - O pelo roxiño.

EP 2º - Vinde ledos.                                

 

Ademais, hai fotos na  GALERÍA. 

Distribuir contido


by Dr. Radut