Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado mércores celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Neste curso, seguindo coa temática científica, estivemos investigando fórmulas para conquerir a Paz. Queredes coñecelas? Pois premede no enlace.

 VER VÍDEO EN YouTube

DE TRADICIÓN NO AUDITORIO

O alumnado de 3º e 4º de EP estivo no Auditorio para asistir ao espectáculo De Tradición a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Neste concerto combináronse os típicos instrumentos da banda de música con instrumentos  tradicionais galegos, como a gaita, a pandereta ou o acordeón.
 
 

DÍA DA CIENCIA

O pasado venres, o Equipo da Biblioteca organizou unha xornada festiva cun denominador común: a Ciencia. O alumnado de Ed. Primaria fixo demostracións de diversos conceptos científicos que deixaron abraiados aos seus compañeiros. Houbo de todo: reaccións químicas, microorganismos, capilaridade, leis físicas en acción, magnetismo, densidade, cores que se mesturan, flores que mudan de cor, ovos flotando e ... algún outro botando. Queredes velo?

VER VÍDEO EN YouTube

FESTIVAL DE NADAL 2018

Xa están preparados os vídeos do Festival de Nadal 2018 !!!!. Aquí están as actuacións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria do noso cole para que as desfrutedes nestas festas. Premede nos enlaces para velas.

VER FOTOS NA GALERÍA   Resultado de imagen de gif animado novo

5ºB - Happy Christmas                           EI 3 anos - Petit papa Noël.   

EI 4 anos - Siyahamba.                            EI 5 anos - Mi burrito sabanero.  

5ºA - Santa Claus is coming ...                3º - Folerpas de neve & Obla-di Obla-da.

6º - Last Christmas.                                  4º - Suite comercial de Nadal.

6º - We will rock You (versión).          

1º, 2º, 3º, 4º, 5ºA & 5ºB - TEATRO MUSICAL (The good wolf) + REMATE.

             Imagen relacionada              

SON, MÚSICA e ACCIÓN ! - 1º & 2º EP

O pasado 17 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu no Auditorio a un espectáculo chamado "Son, música e acción!". Foi un espectáculo audiovisual no que se mesturaron escenas de longametraxes de animación coñecidas polos nenos xunto con outros contidos, logrando que o público se convirta en parte activa do espectáculo.

VER VÍDEO

TEATRO TERRORÍFICO

Co gallo do Samaín, os alumn@s de 5º e 6º de EP, dirixidos por Cecilia, a mestra de Música, estiveron representando nestas semanas 3 obriñas de teatro que daban "arrepíos". Guiño Aquí tedes os enlaces para velas: 

5º A - Donde viven los monstruos.

5º B - O baile dos esqueletos.

6º - Veciños vampiros. 

MAGOSTO

O pasado venres 9 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Como non tivemos moita sorte coa meteoroloxía, tivemos que facer os xogos no ximnasio. Aínda así, os nen@s pasárono en grande cos diversos xogos e competicións que fixeron. Pero o mellor de todo foron, coma sempre, as castañas asadas.

VER FOTOS NA GALERÍA

CONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu hoxe a un concerto didáctico que tivo lugar no Auditorio de Galicia.  Os escolares puideron desfrutar coas peezas máis destacadas da obra O crebanoces de Chaikovski. Foi un espectáculo musical con títeres de fío e teatro de sombras realmente inesquecible. 

SAMAíN

E, claro, despois de disfrazarse haberá que ver as fotos ou non? Guiño

VER FOTOS NA GALERÍA

BENVIDOS AO NOVO CURSO !!!

Distribuir contido


by Dr. Radut