Skip to Content

VISITAMOS MARCELLE NATUREZA

O venres 7 de xuño visitamos o parque zoolóxico Marcelle Natureza co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Foi un día moi intenso, malia que caese algunha chuvieira de cando en vez. Así e todo, viron moitos animais, fixeron tiro con arco e tiveron un día de convivencia xenial. Pulsade no enlace para ver as fotos.

 VER FOTOS NA GALERÍA

EXCURSIÓN Á CORUÑA - 3º & 4º

Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP estiveron na Coruña e tiveron unha xornada moi ocupada. Visitaron o Aquarium, a Casa das Ciencias e o Domus. Premede no enlace para ver as fotos.

VER FOTOS NA GALERÍA

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Despedimos a semana pasada coa celebración do Festival das Letras Galegas. Neste ano 2019, o homenaxeado foi o escritor pontevedrés Antón Fraguas. Tivemos un amplo repertorio con cantigas, poemas, regueifas, teatro e moitos premios. Premede nos enlaces para ver as actuacións !

4º EP - Catro vellos mariñeiros               3º & 5º EP - Alalá do canteiro   

3º EP - Entrevista a Antón Fraguas        4º_5º_6º EP - Teatro: A tía Lambida

5º A - Poemas                                          2º_5º A_6º EP - Regueifa & cantiga     

Entrega de premios  

SEGURIDADE VIARIA

O pasado martes 7 de maio, o alumnado de 6º de Ed. Primaria acudiu ao Recinto Feiral de Amio para realizar unha actividade dirixida por axentes da Policía Local do Concello de Santiago. Tratábase de concienciar aos futuros condutores e peóns da importancia de circular axeitadamente polas vías públicas e beirarrúas. Premede no enlace para ver as fotos.  Risa

VER FOTOS NA GALERÍA 

DÍA DO LIBRO

O pasado venres celebramos no colexio o Día do Libro. Como xa é tradición nos últimos anos, o Equipo de Biblioteca organizou un mercado de troco de libros usados. Que mellor celebración que darlles aos libros unha segunda vida para que alguén máis o poida desfrutar. Este ano a nosa moeda de cambio, o Sionllo, está adicado a Antón Fraguas, que será homenaxeado no Día das Letras Galegas.

VER FOTOS NA GALERÍA

MULLERES CIENTÍFICAS

No noso colexio queremos recoñecer o labor realizado ao longo dos anos por tantas e tantas mulleres no eido científico. Algunhas realizaron avances notables en moitas disciplinas. Tamén foron pioneiras e  abriron camiño para moitas máis que chegarían despois ... Esta é a nosa pequena homenaxe. Premede nos enlaces para ver os vídeos. 

1º EP - Virginia Apgar                       5ºB EP - Ángeles Alvariño      

2º EP - Marie Curie                           6º EP - Ada Lovelace   

3º EP - María Wonenburguer            EI 3 anos - Jane Goodall

4º EP - Josefina F. Ling                   EI 4 anos - Alicia Estévez

5ºA EP - Hipatia                               EI 5 anos - E. & J. Fdez De La Vega


Charla coa escritora Teresa González Costa.

O mércores 27 de marzo tivemos pola tarde una actividade organizada polo Equipo de Biblioteca. Visitounos a escritora Teresa González Costa, autora do libro titulado A filla do ladrón de bicicletas, que están a ler os alumnos de 5º e 6º do Club de Lectura. Foi unha charla moi amena, logo houbo firma de libros e rematamos cun pequeno agasallo.Guiño

FESTIVAL de ENTROIDO

Celebramos o Festival de Entroido no colexio con música, bailes, disfraces e ... moita troula. Tamén houbo chocolate, doces e larpeiradas típicas destas festas achegadas polas familias. Premede nos enlaces para botar unha ollada. Guiño

FESTIVAL DE ENTROIDO             VER FOTOS NA GALERÍA

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres celebramos o Día de Rosalía recitando un fragmento dun poema de Rosalía chamado Miña santiña. Premede no enlace para ver o vídeo.

VER VÍDEO en YOUTUBE

ASISTIMOS A UN ESPECTÁCULO TEATRAL

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu esta semana a un espectáculo no Teatro Principal de Santiago de Compostela. O espectáculo posto en escena por Talia Teatro leva por nome Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can).

VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut