PROPOSTAS PARA O 25 N: Educación Infantil
Dende o departamento de Orientación queremos deixar unhas propostas para traballar o 25N co alumnado. Comezamos por Educación Infantil.
VISIONADO/LECTURA DO CONTO:
Actividades:
- Asamblea sobre o conto. Cuestións para reflexionar: que pensamos de Margarita? Estaba triste porque realmente quería ser rosa ou por non desgustar aos seus pais? Por que Margarita decidiu irse do valado? Por que saen as demais elefantas do valado e xúntase a Margarita?
- Vexo Vexo. Xogamos ao coñecido xogo para ler a última dobre páxina. Importante que perciban o que está tirado no chan son os adornos das elefantas unha vez que decidiron ser libres e ter o mesmo dereito que os elefantes a pasalo ben.
- A debuxar. Agora faremos a Margarita coa pegada da nosa man. Cada alumn@ escolle a cor libremente.