O luns 11 de outubro, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla informativa sobre a educación vial. Grazas a ela puidemos aprender, da man dun policía local do concello de Santiago de Compostela, como deben moverse por unha cidade e polas vías interurbanas como peóns.
Finalmente, ensinounos o seu coche oficial e todo o material que a Policía Local nexesita para as súas intervencións. Foi unha charla realmente didáctica e amena. O alumnado amosou moito interese.
Moitísimas grazas á Policía Local de Santiago por prestarse a este tipo de actividades divulgativas.