O pasado xoves 17 de marzo, a clase de 6º EP visitou o parque de tráfico situado en Amio para realizar unha actividade coa que mellorar a súa seguridade viaria. Varios axentes da Policía Local do concello de Santiago coordinaron esta actividade coa que o alumnado pasou un rato moi entretido.