Hoxe tivemos unha reunión informativa para dar a coñecer o proxecto de xornada única proposto polo centro para o vindeiro curso 2020-21. Para as familias que non puideron asistir, aquí tedes a presentación empregada na reunión con toda a información que xa fomos avanzando de xeito máis resumido nos vídeos anteriores.
IMPORTANTE: O resultado da vosa votación será sobre o total do censo, non por maioría. Polo tanto, as familias que non voten contarán a efectos prácticos como votos negativos.
Por iso, queremos insistir na importancia de que participedes na votación do vindeiro día 16 de marzo, para que expresedes o voso parecer; tratándose, como é o caso, de escoller o mellor para os vosos fillos e fillas.