A biblioteca escolar é un factor imprescindible para o logro da competencia en comunicación lingüística, para aprender a aprender, a competencia no tratamento da información, e a competencia cultural e artística, sendo así mesmo un recurso moi útil na adquisición das restantes competencias básicas.
Para lograr a adquisición destas competencias básicas a biblioteca debe organizarse como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de carácter dinámico e en constante actualización. Así entendida, a biblioteca escolar pode ser un recurso estratéxico para a innovación pedagóxica que axude a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural dos centros, proporcionandolle ao profesorado e ao alumnado oportunidade para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe. Serve de canle para a integración nos centros educativos das tecnoloxías da comunicación que a sociedade vai desenvolvendo, e ofrece a posibilidade de acceso igualitario aos bens culturais, independentemente do estrato económico e cultural de procedencia, actuando como axente de compensación social.
Este centro forma parte deste proxecto de innovación dende o curso 2009/10.
Ligazón á páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia (BEGA)
(http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/)
Orde do 16 de maio de 2013 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares.
(http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/
advertisement/2013/05/29/20130529_plan_mellora_bibliotecas.pdf)
Resolución definitiva da convocatoria do Plan de Mellora de bibliotecas escolares.
(http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/