Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben, Mobilidade sostible e segura, Xogade

DÍA DA BICI 2017

Hoxe celebramos na escola o DÍA DA BICI, durante o curso 2016- 2017 seguimos traballando dentro do noso proxecto de mobilidade sostible e segura intentando inculcar hábitos saúdables e concienciar ós cativos e as súas familias das ventaxas de vir andando, pedaleando ou usando un transporte compartido da casa á escola.
Primeiro fixemos unha xincana viaria na Rúa Macelo Macias, fronte ao colexio, para todo o alumnado educación infantil e logo os maiores pedaleamos ata a plaza CARLOS CASARES onde nos encontramos cos compañeiros de 5 anos do CEIP ROSALIA DE CASTRO para celebrar a II EDICIÓN do DÍA DA BICI, alí coa colaboración da POLICIA LOCAL,  membros de PROTECCIÓN CIVIL e SINDA AGUIAR da DXT fixemos un CIRCUITO en BICI, os peques recibiron unha medalla e voltaron pedaleando á escola coma unhos auténticos campeóns.
 
O mesmo día, os alumnos e alumnas dos IESs foron e voltaron en bicicleta desde a Praza Maior ata os seus institutos.
 
 
Repercusión nos medio:

CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL

A última actividade programada para este curso nas aulas de Educación Infantil de 5 anos dentro do noso proxecto de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA ,foi un circuito de EDUCACIÓN VIAL en Santa Cruz de Arrabaldo, no que puxemos en práctica un montón de normas traballadas durante estos tres cursos de E.I.Os nosos peques circularon respetando as sinais e as normas a bordo das súas BICIS e coma peóns...Máis de un non respetou as normas e tivo a  correspondente sanción :10 caramelos, 5 caramelos ...dependendo da gravidade da sanción.Os peques  tamén coñeceron de cerca as asistencias de carretera: motos de tráfico e ambulancia, pasárono en grande nesta ESCOLA DE EDUCACIÓN VIAL!!!Despois dun breve exame final que todos superaron con nota tiveron un agasallo que lle entregou a coordinadora de Educación Vial  da DGT  SINDA AGUIAR.

A feira parte do proxecto

Aproveitando estos últimos días de cole, o pasado día 14 marchamos á feira a comer ó pulpo. Esta riquísimo!!! E portámonos tan ben que logo pasamos un ratiño da mañá facendo a dixestión no parque.

14 de cada mes....FEIRA

COÑECE O MEU CLUBE EN COLABORACIÓN CON LIMIACTIVA – CARLOS CASARES 2017

Preme na imaxe para ver todas as actividades desenvoltas en colaboración co CLUBE LIMIACTIVA dentro do apartado de deporte escolar "Coñece o meu clube".

 

Marcha ciclista en Xinzo para fomentar o uso de medios de transporte máis sustentables

Hoxe os cativos e cativas de 3, 4 e 5 anos percorreron a Rúa Marcelo Macías nas súas bicicletas para participar nunha xincana viaria. Por quendas e desde as 10.00 horas comezou o circuito que sortearon co gran habilidade.

Ao final as profesoras premiaron cunha medalla a estes infatigables ciclistas.

As 11.30 os máis veteranos (5 anos) tomaron as rúas da vila para demandar o uso deste tipo de transporte, ata chegar á Praza Carlos Casares. Alí realizaron máis actividades xunto co alumnado do Rosalía de Castro.

De igual forma, ás 8,30 un pelotón de estudantes do IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela sairon da Praza Maior cara os seus institutos.

 

Plan de consumo de froita na escola

Neste curso participamos no Plan de Consumo de Froita na Escola.

O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita e verdura así como os hábitos saudables dos nenos e nenas.

Os períodos nos que se levará a cabo o consumo son os seguintes:

·         1ª semana: Do 13/03/2017  ao  17/03/2017

·         2ª semana: Do 24/04/2017 ao 28/04/2017

·         3ª semana: Do 22/05/2017 ao 26/05/2017

As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria e infantil.

 

 

Agradecemos a vosa colaboración especialmente  nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.

Dende os seguintes enlaces podedes acceder aos materiais e xogos deseñados para este programa, por si queredes tamén dende as vosas casas empregalos.


 El Frutijuego: El gran juego de las frutas y las verduras 


O Frutijuego é un símil da ruleta da fortuna no que se han de resolver 150 preguntas coa axuda do Libro Sabio das Froitas e as Verduras, que inclúe un total 53 fichas didácticas.


O Libro sabio de froitas e verduras en galego

El libro sabio de las frutas y las verduras en castellano 

El libro sabio de las frutas y las verduras en inglés 

                 
 Outros xogos de interese:

Acceso al juego flash del Alimentraining

Acceso al juego flash de la Batidora

 Acceso al juego flash del Caleidoscopio

Máis información.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA

Celebrouse os días 9 e 10 de maio no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia un campionato comarcal de fútbo sala do que saíu elexida a selección da Agrupación Deportiva Limia que representará a Xinzo no Campionato Provincial Escolar de Fútbol Sala en categoría Benxamín e Alevín.

O 27 de maio celebrouse o Campionato Provincial en Ourense no Pavillón dos 
Remedios ( Ourense) cun resultado 

CAMPIÓNS PROVINCIAIS TANTO EN CATEGORÍA BENXAMÍN COMA EN ALEVÍN.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE NATACIÓN

Celebrouse o 19 de maio no CPR Miraflores de Monterrei o Campionato Provincial de Natación Escolar no que quedamos ( A Agrupación Deportiva Limia) campións provinciais en categoría Benxamín Feminino.

Segundos en Alevín Feminino.

Terceiros en Benxamín Masculino e Campións en Alevín Masculino.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS ( MONTERREI 2017)

O 18 de febreiro os nenos do CEIP CARLOS CASARES fron a Monterrei ao Campionato Provincial Escolar de campo a través quedando terceiros por equipos en Infantil Maculino e Feminino e primeiros en Benxamén Masculino

 

 

O XOGO DA SERPE

O noso colexio está a participar no Xogo da Serpe. Trátase dunha campaña europea,eficaz e divertida,dirixida a estudantes de infantil e primaria,que promove formas de mobilidade sustentable no acceso ao colexio como camiñar,pedalear,utilizar transporte público ou compartir coche.

Coa idea de promover que os/as/nenos/as de Xinzo,que o desexen,veñan en bicicleta,adicamos a próxima semana á BICICLETA.

Entrada e saída do centro:os/as alumnos/as,que acudan en bicicleta,entrarán pola porta de acceso coches e sairán pola porta peonil,unha vez saian os que van a pé.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut