Skip to Content

ANPA

FOLIADA FEMINISTA 2.0.SEMENTANDO IGUALDADE NO CARLOS CASARES.

 

Vídeo da ANPA CEIP Carlos Casares coa axuda da Secretaría Xeral da Igualdade ( Consellería de emprego e igualdade da Xunta de Galicia) a través dos fondos do pacto do estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade.

Agradecemos ao coordinador Artur Puga a súa didicación e paciencia,ás músicas Daniela Sampayo,Paula Gómez así como a Artur Puga e Xan Puga por transmitir con tanta paixón a mensaxe e a Álvaro Carballo pola edición do vídeo e son por facelo tan bonito.

Agradecemento ao CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia en especial ás aulas de 4º,5º e 6º de Primaria( 2020/21) e a aos seus mestres e mestras pola súa colaboración.

Agradecemento especial ao bo facer da música en directo:Iván,Manuel,Lucía e Cayetano.

AXENDA ESCOLAR 2018/2019

A ANPA CEIP Carlos Casares, en colaboración co CEIP Carlos Casares INFORMA Que para o vindeiro curso 2018-2019 vaise a ofrecer ás familias unha AXENDA ESCOLAR común para todo o alumnado, adaptada ás necesidades de cada ciclo, nivel ou curso, con impresos para a xustificación de faltas e solicitude de titorías, ademais de documentación de interese tanto para nenos e nenas como para nais, pais e titores. A AXENDA levará como portada e contraportada os debuxos gañadores no concurso que se celebrou nos inicios do curso pasado, no que participaron nenas e nenos do Centro. Para financiar parte da axenda a ANPA destinará os fondos doados por Huella Digital (empresa encargada das fotos que se realizaron a final de curso), e o resto correrá a cargo de cada familia, tendo descontos para as familias socias da ANPA. 

Para ler a nota orixinal fai click no icono

" I FEIRA VIOLETA" : INVENTORAS E DESCUBRIDORAS

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense( FEMURO) en colaboración coa ANPA e o Equipo Directivo do CEIP Carlos Casares está preparando a primeira edición da Feira Violeta : Inventoras e Descrubridoras,acción que enmarca dentro de " O MUNDO VIOLETA" coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense,un proxecto recreativo e de promoción da cultura con perspectiva de xénero.Neste caso,na edición da Feira Violeta pretendemos visibilizar e difundir contribucións e aportacións das mulleres ao largo da historia e queremos convidarvos a participar.

Ademáis premiaremos ao mellor Stand en base a criterios de orixinalidade,esforzo,innovación e veracidade coa muller elixida.

         

                     BASES DA PARTICIPACIÓN

1.OBXECTO

Participación de todas as clases que así o desexen na creación dun stand onde se visibilice unha das inventoras ou descubridoras(que figuran na lista) así como o/s seu/s,coa fin de que as clases participantes defendan a súa proposta a den a coñecer e a a promocionen ante o alumnado e o profesorado do centro.

2.PRAZO

O prazo para apuntarse e escoller inventora ou descrubridora será ata o 9 de abril 

E a data da feira e consecuentemente de mostra dos stands será o 18 de xuño no centro en horario lectivo.

3.CONCURSANTES

Pode participaar calquera clase de CEIP Carlos Casares que o desexe.

4.PROPOSTAS

- Por orden de inscrición as clases irán escollendo a muller descubridora ou inventora presente na lista que desexen,sen poderse repetir.A lista estará a disposición das clases interesadas en participar na Dirección de Centro.

- O deseño de stand será libre podendo utilizarse calquera tipo de medio ou material( carteis,debuxos,maquetas,material audiovisulal,o propio invento...)

 5. PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS

 A presentación dos stands terá lugar o día 18 de xuño no patio do CEIP Carlos Casares e estará aberto a todo o alumnado e profesorado.

6. XURADO E VEREDICTO

 O xurado val9orará a creatividade,calidade e orixinalidade do deseño do stand para a visibilización da inventora ou descubridora e o seu trabajo así como a exposición da mesma.

 O xurado estará composto por dúas representantes de FEMURO, dúas persoas do equipo  Directivo de Centro e 2 representantes da ANPA. En caso de empate o voto da coordinadora do proxecto " o mundo violeta" desfará dito empate.

7. PREMIO

- Haberá un premio para a clase gañadora da categoría de Infantil e outro para a categoría de Primaria ( esta última poderá ampliarse ata dous premios,segundo a idade das clases que participen)

- Ademais,todo o alumnado que participe na creación dun stand recibirá un agasallo pola súa participación no proxecto.

8. ACEPTACIÓN DAS BASES

 A participación na Feira Violeta leva consigo de xeito implícito a aceptación de todos os requisitos e condicións que forman parte das bases,que poden cambiar se se detecta algún erro que poda crear algún problema,así coma o fallo das persoas do xurado.Toda cuestión non prevista nas presentes bases,será resolta

 

 

 

VISIBILIZACIÓN DE MULLERES IMPORTANTES NA HISTORIA

A Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO), a través da ANPA do CEIP Carlos Casares desenvolveu o pasado día 2 de Marzo ( con motivo do Día Internacional da Muller) diversas Actividades de VISIBILIZACIÓN DE MULLERES IMPORTANTES NA HISTORIA.

A actividade está enmarcada dentro do Proxecto “Mundo Violeta”, proxecto recreativo de promoción da cultura con perpectiva de xénero.

Nenos e nenas coñeceron as historias de Ada Byron (primeira programadora informática da historia), Frida Khalo (pintora mexicana), Jane Goodall (primatóloga e antropóloga defensora do medio ambiente) .

 

Non é que ao longo da historia non houbera mulleres importantes... so hai que rebuscar un pouquiño para ver que houbo centos delas. Desgraciadamente á historia non lles reserva tantas páxinas como deberían

La imagen puede contener: 1 persona, de pie La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas

GAÑADORES DA PORTADA E CONTRAPORTADA DA AXENDA ESCOLAR

ANPA do CEIP Carlos Casares en colaboración coa dirección do colexio está preparando a edición dunha axenda propia para o próximo curso 2018/19 e busca ilustracións e deseños para adornala e por iso invitou tódolos asociados a participar nun concurso de propostas.

 

Recibimos 9 propostas dos alumnos que recibiron un agasallo só participar e os gañadores 50€ e 25€ de desconto respectivamente nos comercios colaboradores da ANPA.

O xurado composto por 3 profesores e por 4 nais de nenos que non participaron no concurso elixiron os seguintes gañadores:

 

PORTADA

SAMUEL MARTÍNEZ ÁLVAREZ

 

CONTRAPORTADA

MARTA DOMÍNGUEZ MARRA

 

 

 

PRIMEIRO CAMPIONATO DE XADREZ DE NADAL

Escríboche porque onte fíxose entrega das medallas do campionato de Nadal de Xadrez.


- Primeiro campionato de xadrez de Nadal do CEIP Carlos Casares.


- Medalla de ouro: XABIER BARGE BLANCO    4º P
- Medalla de prata: SAÚL GÓMEZ DACAL    4ºP
- Medalla de bronce: XIANA POZO FUERTES    2º P


E todos os participantes recibiron medellas conmemorativas:  


SAMUEL MARTÍNEZ ALVAREZ    2º P
URBANO RAMOS GONZÁLEZ    4º P
JUAN QUINTERO SALÓN    6º P

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017/2018

   LUNS DE 15;30 a 16;30

INGLÉS

- PATINAXE

- ROBOTIX DE LEGO

- APOIO AO ESTUDO 

- XADREZ

 

 MARTES DE 15:30 a  16:30

- INFORMÁTICA

- APOIO AO ESTUDO

- EXPRESIÓN E CREACIÓN ARTÍSTICA

 

MÉRCORES DE 15:30 a 16:30 


- INGLÉS

- BALONCESTO

- APOIO AO ESTUDO 

 

XOVES DE 15:30 a 16:30

- INGLÉS

- INFORMÁTICA

- APOIO AO ESTUDO

- EXPRESIÓN E CREACIÓN ARTÍSTICA

 

Obradoiro Decoración de Entroido

A ANPA do CEIP Carlos Casares colabora coa Comoisión do Entroido coa idea de decorar as rúas de Xinzo con teas.

Os nenos e nenas, xunto cos seus familiares, gozaron con esta actividad.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut