Skip to Content

AXENDA ESCOLAR 2018/2019

A ANPA CEIP Carlos Casares, en colaboración co CEIP Carlos Casares INFORMA Que para o vindeiro curso 2018-2019 vaise a ofrecer ás familias unha AXENDA ESCOLAR común para todo o alumnado, adaptada ás necesidades de cada ciclo, nivel ou curso, con impresos para a xustificación de faltas e solicitude de titorías, ademais de documentación de interese tanto para nenos e nenas como para nais, pais e titores. A AXENDA levará como portada e contraportada os debuxos gañadores no concurso que se celebrou nos inicios do curso pasado, no que participaron nenas e nenos do Centro. Para financiar parte da axenda a ANPA destinará os fondos doados por Huella Digital (empresa encargada das fotos que se realizaron a final de curso), e o resto correrá a cargo de cada familia, tendo descontos para as familias socias da ANPA. 

Para ler a nota orixinal fai click no icono



page | by Dr. Radut