"Como en todo o que afecta a educación dos nosos fillos e fillas, no relativo á lectura, as familias e o colexio debemos traballar de maneira conxunta para animalos e animalas a ler. As seguintes reflexións sobre a lectura poden orientarnos para fomentar a lectura nos nosos fillos e fillas dende as familias."
"Simon William Glasser foi un psiquiatra estadounidense (1925-2013) que sinala cales son as vías máis efectivas para que o alumnado fixe os coñecementos que recibe, xa sexa na escola, na casa ou diante dunha pantalla. Os estímulos visuais, auditivos e emocionais compleméntase para potenciar as aprendizaxes. Illados serven pero combinados aseguran o éxito".