Skip to Content

" I FEIRA VIOLETA" : INVENTORAS E DESCUBRIDORAS

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense( FEMURO) en colaboración coa ANPA e o Equipo Directivo do CEIP Carlos Casares está preparando a primeira edición da Feira Violeta : Inventoras e Descrubridoras,acción que enmarca dentro de " O MUNDO VIOLETA" coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense,un proxecto recreativo e de promoción da cultura con perspectiva de xénero.Neste caso,na edición da Feira Violeta pretendemos visibilizar e difundir contribucións e aportacións das mulleres ao largo da historia e queremos convidarvos a participar.

Ademáis premiaremos ao mellor Stand en base a criterios de orixinalidade,esforzo,innovación e veracidade coa muller elixida.

         

                     BASES DA PARTICIPACIÓN

1.OBXECTO

Participación de todas as clases que así o desexen na creación dun stand onde se visibilice unha das inventoras ou descubridoras(que figuran na lista) así como o/s seu/s,coa fin de que as clases participantes defendan a súa proposta a den a coñecer e a a promocionen ante o alumnado e o profesorado do centro.

2.PRAZO

O prazo para apuntarse e escoller inventora ou descrubridora será ata o 9 de abril 

E a data da feira e consecuentemente de mostra dos stands será o 18 de xuño no centro en horario lectivo.

3.CONCURSANTES

Pode participaar calquera clase de CEIP Carlos Casares que o desexe.

4.PROPOSTAS

- Por orden de inscrición as clases irán escollendo a muller descubridora ou inventora presente na lista que desexen,sen poderse repetir.A lista estará a disposición das clases interesadas en participar na Dirección de Centro.

- O deseño de stand será libre podendo utilizarse calquera tipo de medio ou material( carteis,debuxos,maquetas,material audiovisulal,o propio invento...)

 5. PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS

 A presentación dos stands terá lugar o día 18 de xuño no patio do CEIP Carlos Casares e estará aberto a todo o alumnado e profesorado.

6. XURADO E VEREDICTO

 O xurado val9orará a creatividade,calidade e orixinalidade do deseño do stand para a visibilización da inventora ou descubridora e o seu trabajo así como a exposición da mesma.

 O xurado estará composto por dúas representantes de FEMURO, dúas persoas do equipo  Directivo de Centro e 2 representantes da ANPA. En caso de empate o voto da coordinadora do proxecto " o mundo violeta" desfará dito empate.

7. PREMIO

- Haberá un premio para a clase gañadora da categoría de Infantil e outro para a categoría de Primaria ( esta última poderá ampliarse ata dous premios,segundo a idade das clases que participen)

- Ademais,todo o alumnado que participe na creación dun stand recibirá un agasallo pola súa participación no proxecto.

8. ACEPTACIÓN DAS BASES

 A participación na Feira Violeta leva consigo de xeito implícito a aceptación de todos os requisitos e condicións que forman parte das bases,que poden cambiar se se detecta algún erro que poda crear algún problema,así coma o fallo das persoas do xurado.Toda cuestión non prevista nas presentes bases,será resolta

 

 

 



page | by Dr. Radut