Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben, Mobilidade sostible e segura, Xogade

SEMÁFORO DE FROITA

Onte mércores como era o DÍA DA FROITA fixemos  unha actividade programada dentro do noso proxecto  mobilidade sostible e segura, un SEMÁFORO CON FROITA  . Primeiro fixemos a lista da compra :pan tostado ,untado con queixo e froita fresca. Despois cada peque fixo o seu SEMÁFORO , unha merenda saudable que lle encantou os peques e que se prepara nun minuto.

 

Por fin celebramos o Día da bici

Por fin o tempo acompañounos e o venres celebramos o DÍA DA BICI cos nenos de 4 anos do CEIP ROSALIA DE CASTRO, xa non nos daba chegado o momento, pedalearon coma auténticos campeóns, e despois de pasar por o túnel de lavado recibiron unha MEDALLA por haber participado na que foi a I edición do DÍA DA BICI, nun intento de reivindicar este medio de transporte coma a alternativa máis sana e respetuosa co medio ambiente .

 

Día da bici, 19 de abril

Hoxe quedaron aparcadas as bicis por causa da chuvia. Os nenos e nenas de 5º de infantil están dexesando facer o percorrido pola vila moi pronto.

 

O 19 de Abril celébrase o DÍA MUNDIAL DA BICICLETA, os mandilóns azuis e vermellos ,xunto cos nen@s de 4 anos do CEIP Rosalia de Castro queríamos celebrar hoxe a primeira edición deste DÍA DA BICI nos nosos coles baixo o lema "PEDALEADO POR UN MUNDO MELLOR",...Pero debido á choiva tivemos que suspender a actividade ata que o tempo nos permita realizala. Non quixemos deixar pasar o día sen concienciar os nosos peques dos beneficios da BICICLETA que ademáis de servir para facer deporte é  un transporte económico e ecolóxico e  crea hábitos sanos para o noso CORPO.
 
Tamén aproveitamos  para aprender o nome das partes das nosas  BICICLETAS , e falamos da importancia de levar CASCO ,e de cuando hai  que levar algunha prenda reflectante, vimos que a maior parte das nosas bicis tiñan "ruedines" e algunhas non tiñan pedales. Velai unhos  videos de Caillou que lle encantaron  os nosos peques.

 

DEPORTE ESCOLAR

O día 8 de abril os nenos foron ao campo da Moreira,en Xinzo,a realizar diferentes tipo de probas dentro do programa de Deporte Escolar e os clasificados son os seguintes:

 

Benxamín feminino         LUCÍA RODRÍGUEZ MENO                 Velocidade/Lonxitude

Alevín feminino               ELENA GARCÍA MATOS                     Peso

Alevín masculino             IZAN FEIJOO BARJA                         Velocidade

Alevín masculino             ROBERTO CEERDEIRO GARCÍA          Peso

Alevín masculino             HUGO LOSADA PÉREZ                      Peso/Pelota

Alevín masculino             CARLOS GONZÁLEZ VARELA              Peso

Infantil feminino             HELGA RODRÍGUEZ SUEIRO              Todo

Infantil masculino           ALEJANDRO BLANCO RODRÍGUEZ       Fondo/MF

 

 

    

Menú Xaneiro

Chega o Salmonlethes para quedarse con nós, non te esqueceremos

Este curso seguimos a traballar en prol de mellores hábitos alimentícios nos nenos e nas a través da participación no programa Aliménate ben. O peixe fresco e enlatado, produtos ecolóxicos e unha variedade de alimentos formarán parte dos menús mensuais.

Este mes de xaneiro, comezamos coa Pescada

 

Participamos en XOGADE

O proxecto implica unha serie de dinámicas a realizar no centro educativo para xestionar o tempo de lecer dunha maneira lúdica. Así pois o alumnado de educación primaria realiza unha serie de obradoiros para potenciar a súa saúde e maximizar a súa condición física. 

  • Xogade: Actividades deportivas regulamentadas intercentros.
  • Promoción da escola de balonmán (xaneiro 2016)

Plan Proxecta. Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Consellería de Medio Rural e do Mar

Participamos en MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

O obxectivo do programa é promover modos de mobilidade sostibles e seguros para toda a sociedade adaptados ao contexto viario en que vive o alumnado. Partindo desta base quérese reintroducir a educación viaria na escola non como a aprendizaxe de normas e sinais para futuros condutores, senón cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.

Alumnado de infantil 5 anos

Plan Proxecta. Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Consellería de Medio Rural e do Mar

Distribuir contido


by Dr. Radut