Skip to Content

DÍA DA BICI 2017

Hoxe celebramos na escola o DÍA DA BICI, durante o curso 2016- 2017 seguimos traballando dentro do noso proxecto de mobilidade sostible e segura intentando inculcar hábitos saúdables e concienciar ós cativos e as súas familias das ventaxas de vir andando, pedaleando ou usando un transporte compartido da casa á escola.
Primeiro fixemos unha xincana viaria na Rúa Macelo Macias, fronte ao colexio, para todo o alumnado educación infantil e logo os maiores pedaleamos ata a plaza CARLOS CASARES onde nos encontramos cos compañeiros de 5 anos do CEIP ROSALIA DE CASTRO para celebrar a II EDICIÓN do DÍA DA BICI, alí coa colaboración da POLICIA LOCAL,  membros de PROTECCIÓN CIVIL e SINDA AGUIAR da DXT fixemos un CIRCUITO en BICI, os peques recibiron unha medalla e voltaron pedaleando á escola coma unhos auténticos campeóns.
 
O mesmo día, os alumnos e alumnas dos IESs foron e voltaron en bicicleta desde a Praza Maior ata os seus institutos.
 
 
Repercusión nos medio:


page | by Dr. Radut