Skip to main content

Blog da biblioteca

COMEZAMOS CON TEATRO E RADIO.

Abrimos as portas da biblioteca dedicándolle o programa ao teatro. Desde todas as bibliotecas quéreselle dar valor a esta arte. O primeiro programa de radio deste ano foi posto en marcha por un grupo de nenas de sexto ( como pasa o tempo). Ao escoitalo tamén adiviñaredes o PDI deste ano, do cal fomos dando unhas pinceladas.

MEMORIA PDI

Aquí a nosa memoria do PDI.

Avaliación

 

Produto final.

Simplemente GRAZAS a todas as persoas que fixestes posible este día. Se pulsades nun  botón viaxaredes ó 15 de maio para recordar bos momentos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcanosarus/system/files/A%2520volta%2520%C3%B3%2520mundo.%25206.pdf

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avaliación

A vosa opinión é mói importante. Por favor cubride está para seguir mellorando.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfEn_D1vSU-I6tc3zTu3J8Z99ewkFONF2xpUbya0XKJ0LroLA/viewform?pli=1%0A

EXPORUS.

O 15 de maio pechamos un proxecto ilusionante que nos levou por todo o mundo, explorando as marabillas de diferentes culturas, costumes e tradicións. Desde América ata Xapón, pasando por Exipto, Londres, Ámsterdam, Mónaco, Francia, Kenia, Australia e moito máis, vivimos unha experiencia única chea de aprendizaxe, diversión e conexión co noso planeta.

Día do libro.

Fai  un tempo, durante a miña infancia, en que para min, cada día, era o Día do libro.Non podo entender á nena que fun, nin á muller que son, sen os libros,que son tan parte de min como as miñas veas e os latexos do meu corazón. Amelina Correa

 

Campionato 3 en raia.

Os xogos de mesa son máis vellos que o avó do avó do avó! Imaxina a comerciantes italianos levando o tres en raia polo mundo como se fosen influencers dos tempos antigos. Que tolo! E en España aínda podes sentir a maxia destes xogos en cada recuncho! Así se puido comprobar no campionato de tres en raia  celebrado no colexio. Que a maxia continúe.

Lendo con Fran Alonso.

O meu gato é  un poeta e le porque lle peta.

Xantando polo mundo.

Xa que viaxamos tamén temos  dereito a xantar e degustar a comida típica de diferentes países. Ollade o vídeo e veredes a comida típica de Noruega e Xapón. Que aproveite!.

Fame de libros.

Que bonito é crear recetas de contos. Grazas familias e nenos por  ser tan bos cociñeiros.Grazas  Sole por ser deixarnos desfrutar da túa voz.

Quen fai a montaña máis alta?

E se intentamos facer unha torre cun anaco de fiso, espaguetis e la? O resultado a continuación. Preme para ver. 

https://youtube.com/shorts/sbajQEIVhnY?si=SkN-BV1BdVMfe6TI

Día da poesía

O MEU BARCO 

 

Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me dera navegar!

Ler un conto.

MOITAS RAZÓNS PARA LER UN CONTO. APÚNTASTE? Créase un vínculo afectivo entre o adulto que le e o neno que escoita.

  • Dedícaselle un tempo especial ao neno. Un tempo para compartir xuntos o pracer da lectura, o hábito de escóitaa, a reflexión sobre a lectura, a expectación por saber como finaliza a historia e a emoción polo intre compartido.
  • Contáxiase a maxia da lectura. Vaise construíndo o hábito lector.
  • Auméntase a creatividade, a imaxinación e a fantasía... Aquí unha mostra

Experimentando na biblioteca.

Así que xa sabes: construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar

o aplicable ao noso soño, e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas

con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo

que require paixón ante os desafíos e moito traballo. Non esquezas que todo este

coñecemento científico pódelo atopar nos libros ben ordenados destas bibliotecas,

sempre boas compañeiras.

Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o

habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a

nosa obriga.

Dep. Legal: C 1813-2017

Peregrina Quintela Estévez

Matemática. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016

Distribuir contido