Skip to Content

PDI

Proxectos Documentais Integrados do CEIP Canosa-Rus

Produto final do PDI: "Á luz dos faros"

O curso está a piques de rematar e con el o noso PDI, "Amar o mar". Cando iniciamos este proxecto, para nada contabamos que íamos rematar así. A idea inicial mudou e todos tivemos que adaptarnos. A situación non permite que poidamos xuntarnos no colexio para poder compartir todos/as o produto final do noso PDI, pero unha vez mais non queríamos quedar sen mostrar o gran traballo que día tras día, os nenos/as realizan con ilusión.

Blogue de Leoteca

Lembramos que no blogue da nosa biblio podedes atopar as actividades que estamos levando a cabo dende a mesma: programas de radio, escornabot, o PDI conCIENCIAte, etc. Se picades nas seguintes imaxes entraredes directamente no blogue. 

Despedimos o PDI LENDARIO coas familias.

O xoves 31 de maio  foi unha xornada de festa no colexio. Despedimos o PDI LENDARIO coa visita das familias a un mundo máxico de imaxinación e fantasía. Agradecemos a participación tan positiva de familiares e amigos/as e desexamos que o produto final fose do voso agrado.

Festival dos soñadores, 6 de xuño no Pazo de Cultura de Carballo.

O próximo martes 6 de xuño celebrarase no pazo da Cultura de Carballo o "Festival dos soñadores" do noso producto final do PDI " De espectadores a protagonistas".Podedes ver toda a información se picades nas seguintes imaxes. Gustaríanos agradecer a colaboración dos centros que participaron e ao noso alumnado que son os principais protagonistas de toda esta historia.Tamén agradecer ao Pazo de Cultura de Carballo a súa colaboración.En nome do noso alumnado esperamos que a disfrutedes moito!

Premio para o PDI "Rus entre planetas"

"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho 
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.

Procura documental

Procura en internet

RUS ENTRE PLANETAS - CURSO 2014/2015

Distribuir contido


by Dr. Radut