O curso está a piques de rematar e con el o noso PDI, "Amar o mar". Cando iniciamos este proxecto, para nada contabamos que íamos rematar así. A idea inicial mudou e todos tivemos que adaptarnos. A situación non permite que poidamos xuntarnos no colexio para poder compartir todos/as o produto final do noso PDI, pero unha vez mais non queríamos quedar sen mostrar o gran traballo que día tras día, os nenos/as realizan con ilusión.
E por fin chegou o día! Hoxe tedes a vosa disposición o noso Produto Final que leva por título: Á luz dos faros.
A través das ilustracións dos nenos/as, poderedes ir descubrindo as súas creacións. Como eles mesmos vos contarán "Ningún mar en calma fixo experto a un mariñeiro". Tivemos que cambiar todas as ideas, pero seguimos adiante. Eles/as son os protagonistas, vos so tedes que ver, oír e desfrutar. Agardamos que vos guste!
Grazas a todo o alumnado e ao profesorado por facer posible todo isto en ciscunstacias tan complicadas!
Picade na seguinte imaxe que vos levará a esta aventura!