Skip to main content

Blog da biblioteca

Lectura cos cans.

Coma última actividade de "Lectura e familias", un puñado de cursos puido disfrutar dunhas sesións nas que os cans eran os protagonistas. Os libros "Un can e un gato" de Paula Carbonell, e "Eu non fun " de  Christian Voltz , son contos escollidos  polos nenos para conseguir crear un ambiente máxico entre unhas poucas familias, nenos e cans.

 

Letras Galegas.

Desde 1963 cada 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía ou Castelao nos primeros anos ata Florencio Delgado, teñen sido moitos os autores -e menos as autoras- aos que se lle adicou esta data. Pero existen outras moitas persoas que no seu día a día contribúen ao mantemento do idioma propio de Galicia.O noso alumnado participou no Certame Literario  que se celebra no colexio e no de Asunción Antelo, que se celebra en Coristanco xunto cos outros colexios da contorna. Participaron en categorías que van desde debuxo, a poesía, cómic...

LICA

Que obradoiro tan bonito se realizou con Beatriz Fraga e o seu libro Lica!Xuntanzas que quedan gravadas.

ZONA CHILL OUT e ALECRÍN DE LEOTECA.

Na semana do libro estreamos o novo recuncho da biblioteca, a zona exterior CHILL OUT, para que me entendades, o “recuncho de relaxación”. Aquí, poderá ler ou xogar a xogos de mesa o grupo que lle toque no patio. Haberá libros e material específico para esa zona que se transportará nun carriño da biblioteca. Este carriño, entregarao o mestre que estea de garda na biblioteca. 3. Se somos moitos para sentar, agardamos a nosa quenda. E se funciona ben, irei introducindo novas actividades. Gustaríache? Tamén estamos a crear o Alecrín de Leoteca cos remedios caseiros que nos pasastes.

Álbum: Curso 21-22 -> Chill OUT E ALECRÍN DE LEOTECA

O misterioso….

FAMILIAS ARTISTAS.

Non me cansarei de decir que a biblioteca sen os nenos e as familias non  é ninguén. Hai saberes que se atopan na tradición. Grazas por compartir connosco as vosas  habilidades, sodes uns auténticos artistas.

 

 

Casilda no día do libro

O venres veume visitar a miña curmá Casilda e en vez de estar comigo foi celebrar o día do libro cós nenos. GRAZAS CASILDA por vir. As portas da nosa biblioteca estarán  sempre abertas para ti.

Vistámonos de palabras, calcémonos de impresións de tinta de Gutenberg e coloquemos os libros sobre a pel, xusto no lado do corazón, para que as súas palabras circulen polas nosas veas e osixenen o noso cerebro. Josefa Molina

Oleiros e oleiras na biblioteca creativa.

Aparicio é unha desas personas que se a coñeces  sentes unha profunda admiración por el. Oleiro de berce, e con moitas xeracións nas súas cóstas, levounos o mundo da alfarería dunha maneira máis que amena. 

Biblioteca, familias e Anxo Moure

GRAZAS.

 

Vai de poesía.

Rescato un poema do último libro do gran Antonio García Teijeiro : No xardín do poeta. Con estes versos quero recordar que estamos na semana da poesía e que esta nos  axuda a expresar sentimentos. 

Non quero ser o pano
que agoche  esas miradas

das nenas e meniños

que senten puñaladas

dun mundo cruel e frío

que neles non repara.

Non quero ser de auga 

nin quero ser de prata.

Eu quero ser acougo.

Eu quero ser morada.

Exposición fotográfica.

Posted in 

PACO NOGUEIRAS

Os nenos e nenas de infantil disfrutaron dunha sesión de contos e música a cargo do músico e narrador Paco Nogueiras.

Álbum: Curso 21-22 -> PACO NOGUEIRAS

Mulleres traballadoras.

Todos os días debemos agradecer a esas mamás , avoas, tías... todo o que fan  por esta sociedade. Partindo da admiración ás mulleres da zona e seguindo polas que fixeron historia recordamos este día.

Día de Rosalía.

No día de Rosalía cantamos, lemos, creamos... Deixo unhas palabras dun poema dela para estes días grises dedicadas a toda persona de Ucrania que tuvo que abandonar o país.

BIBLIOTECA E FAMILIAS

A tarde do venres os nenos e nenas realizaron un obradoiro de máscaras axudados  por mamás colaboradoras.


Aquí vos deixo tamén a canción do antroido dos máis pequeniños.

 

 

Distribuir contido