Skip to main content

Blog da biblioteca

Xente que busca un mundo equitativo.

Braille Louis Braille foi o gran inventor do sistema Braille. Cando tiña tres anos , xogando no taller de seu pai, perdeu a visión. Temos que ser conscientes das diferenzas e as limitación que poden aparecer. O libro  Miña guía meu capitán e o sistema Braille axudounos a coñecer un pouco máis este mundo.

Braille

Non ao bullying

 

Axenda 2030

A axenda 2030 pretende, entre outros moitos obxectivos, construir un mundo máis seguro para a infancia. Na radio uns nenos de sexto , por medio dun conto, mostraron a súa repulsa ao bullying.

 

Dillo a quen te maltrata.

5 obx Con tranquilidade lede as cartas dirixidas aos maltratadores por parte dos nenos do terceiro ciclo ( debedes pinchar na imaxe para velas). Ademais colaborouse co concello de Coristanco levando unha cadeira recordando que non se quere unha cadeira máis baleira.

 

 

Nin unha máis.

Obx 5Querido mundo quero contar...

hai tantas cousas que quixera cambiar!

Querido mundo...vouche decir.

Berro moi  alto e ninguén quere ouvir.

Mulleres que teñen medo dos homes  con pouco valor

Con este texto da canción de Paco Nogueiras Querido mundo  comezo esta entrada.As cartas, cancións e murais foron o noso medio  para berrar ben alto  NIN UNHA MÁIS.

25 n

Recuncho FEITO CON XEITO

Pouquiño a pouco a biblioteca está recuperando a normalidade. A nosa biblioteca componse de moitos recantos. Un deles é a zona Feito con Xeito onde fedellamos e investigamos con distinto material. Acaba de abrir nos recreos. Neste trimestre os nenos nesta zona poderán  xogar an o tres en raia ou coas cartas, axilizarán a mente cos cubos de Rubick , construirán cos legos, aprenderán a mover o Doc coñecendo distintos animais...

 

Feito con XEITO

Land Art Animados animais.

 Facer Land art é crear obras artísticas soamente con elementos naturais. Os nenos e nenas do colexio elaboraron uns animais con esta técnica. Os nosos  pequenos grandes artistas.

Recanto de infantil.

Non se pode abrir un libro sen aprender algo.  Non sei se é por esta frase pero o certo é cun dos meus momentos favoritos é cando os nenos e nenas de infantil chegan a biblioteca por primeira vez. Descubren a maxia dos libros e quedan fascinados cando un dos maiores lle le un. Un dos mellores legados que lle podemos deixar aos pequenos e as pequenas e o amor pola lectura.

TEATRO LIDO

Animados animais.

Anímate a colaborar e a axudar a levar cada animal ao seu hábitat! Pincha na seguinte imaxe para máis información!

Rosalía

 

 

 

Programiñas de Radio.

A nosa canle de radio é moi variada. Aquí un programa de chistes e outro recordando as normas de biblioteca.

 

 


Samaín Animados Animais

Na biblioteca do cole estes días andivemos con un pouco de medo. Moitas clases animáronse a contar contos na biblioteca ou na radio. As familias decoraron as entradas creando un verdadeiro Animalario terrorífico. O que ten cu ten medo !!! Samaín decoración familias.Samaín decoración familias!Samaín con contos.Samaín con contos.

ANIMADOS ANIMAIS.

A RADIO DE LEOTECA: CANOSA ONDA.

Boas, antes de nada desexarvos a todos un curso bonito, deses que cando chegue xuño se pense" que faltiña me fai descansar pero que ben o pasei e canto aprendín."

Nos vindeiros días irei presentándovos recunchos da nosa biblioteca.  Quero comezar  pola a radio. Levamos con ela uns cantos aniños e é un dos meus lugares favoritos. Na radio vívense momentos únicos: lembro a entrevista a Anxo Carracedo, un científico máis que ilustre, ou aquela vez que algunhas mamás se atreveron a pisala por primeira vez, por non olvidar aquela outra na que Lupe Blanco se animou cunhas regueifas... A radio ofrece recordos mediante a palabra. 

O primeiro programa que ofrecemos neste curso vai dedicado a esas avoas que nos ensinan as cantigas que non están nos libros. Detrás deste programa hai un neno que chega cunha libreta a escola na que súa avoa escribiu cantigas...

FEIRARTE.

É de boa meiga ser agradecida. O gran éxito que tivo FEIRARTE foi grazas a moitos factores e persoas.

GRAZAS ó CLAUSTRO e ás persoas  que non son mestras pero que traballan no cole pola súa man de obra ,ideas ...e por tirar un dos outros cando xa non podes máis. FORMADES UN GRAN EQUIPO.

GRAZAS ó alumnado pola vosa implicación , traballo e por deixarnos ver o mundo a través dos vosos ollos.

GRAZAS ás familias por vir e seguirnos o xogo. Nos tempos que corren acudir máis de 120 persoas a unha escola para ver unha actividade non está nada mal.

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.

Intentouse plasmar en vídeos todo mais non foi posible. Nun primeiro vídeo podedes ver a grandes rasgos a feira. No segundo, fotos que recollen momentos. No último , o máis longo de todos, mostra algúns detalles  das explicacións. 




AVALÍA A BIBLIOTECA.

Para a semana subiremos vídeos sobre o día de hoxe. Buscade cinco minutiños para avaliar a biblioteca e poder seguir mellorando.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeJodt2bYV5o8g9e-KnZ5mr7jwbMPzL...

Distribuir contido