Boas, antes de nada desexarvos a todos un curso bonito, deses que cando chegue xuño se pense" que faltiña me fai descansar pero que ben o pasei e canto aprendín."
Nos vindeiros días irei presentándovos recunchos da nosa biblioteca. Quero comezar pola a radio. Levamos con ela uns cantos aniños e é un dos meus lugares favoritos. Na radio vívense momentos únicos: lembro a entrevista a Anxo Carracedo, un científico máis que ilustre, ou aquela vez que algunhas mamás se atreveron a pisala por primeira vez, por non olvidar aquela outra na que Lupe Blanco se animou cunhas regueifas... A radio ofrece recordos mediante a palabra.
O primeiro programa que ofrecemos neste curso vai dedicado a esas avoas que nos ensinan as cantigas que non están nos libros. Detrás deste programa hai un neno que chega cunha libreta a escola na que súa avoa escribiu cantigas...
Un abrazo enorme cargadiño de agarimo de parte de Leoteca.