Skip to Content

Maio 2023

ANIMALADA

Coñecer e respetar a nosa contorna e os animais que aquí conviven era unha das metas do noso PDI ANIMADOS ANIMAIS. Aquí quedan os vídeos dese día onde os adultos tiñan que axudar a que o traballo de todo un ano non fose en balde. Nun primeiro vídeo vese o material, nun segundo vídeo as explicacións e o conxuro de Casilda. 

SOMOS CONSCIENTES QUE DEBEMOS SEGUIR MELLORANDO , OU SEGUIR NESTA LÍNEA. ROGAMOS QUE EN COMENTARIOS ESCRIBADES CALQUERA IDEA , SUXESTIÓN, MELLLORA.... RELACIONADA COA BIBLIOTECA. LEMBRADE QUE A BIBIBLIOTECA ABARCA LIBROS E LECTURA, RADIO, ROBÓTICA,  PROGRAMACIÓN, IMPRESORA 3 D, RECREOS, ANIMADOS ANIMAIS, MOCHILAS VIAXEIRAS.... ESPERAMOS AS VOSAS OPINIÓNS.

 

Letras Galegas.

Este ano celebramos as letras galegas recordando o autor e celebrando o Certame Literario. Tamén participamos no concurso O vello dos contos , de tres programiñas que se elaboraron, un chegou a final. 


Álbum: Sen categoría -> Letras galegas

Lectura e familias

Aquí vos deixamos unha mostra das distintas actividades de lectura: alumnos que contan entre eles, nais que relatan e ata a visita de Paco Nogueiras.

 

 

Álbum: Sen categoría -> Lectura e familias

Feitizo, Animalada.

Acrosport

A palabra acróbata provén do grego Akrobatos, que significa camiñar na punta dos pés, pero popularmente podemos definir a palabra acrosport como o deporte no que un acróbata realiza exercicios e habilidades ximnásticas como saltos, equilibrios, etc. Ten .cabida todo tipo de acrobacias, os nenos e nenas de sexto relacionaron estas acrobacias de animais relacionándoos co PDI ANIMAIS ANIMAIS.

 

 



by Dr. Radut