Enviado por veronicaguardado o Sáb, 2022-05-21 11:05
Desde 1963 cada 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía ou Castelao nos primeros anos ata Florencio Delgado, teñen sido moitos os autores -e menos as autoras- aos que se lle adicou esta data. Pero existen outras moitas persoas que no seu día a día contribúen ao mantemento do idioma propio de Galicia.O noso alumnado participou no Certame Literario que se celebra no colexio e no de Asunción Antelo, que se celebra en Coristanco xunto cos outros colexios da contorna. Participaron en categorías que van desde debuxo, a poesía, cómic... O alumnado de sexto deseñou unhas chapas de agasallo.