Skip to Content

Novembro 2022

Dillo a quen te maltrata.

5 obx Con tranquilidade lede as cartas dirixidas aos maltratadores por parte dos nenos do terceiro ciclo ( debedes pinchar na imaxe para velas). Ademais colaborouse co concello de Coristanco levando unha cadeira recordando que non se quere unha cadeira máis baleira.

 

 

Nin unha máis.

Obx 5Querido mundo quero contar...

hai tantas cousas que quixera cambiar!

Querido mundo...vouche decir.

Berro moi  alto e ninguén quere ouvir.

Mulleres que teñen medo dos homes  con pouco valor

Con este texto da canción de Paco Nogueiras Querido mundo  comezo esta entrada.As cartas, cancións e murais foron o noso medio  para berrar ben alto  NIN UNHA MÁIS.

25 n

Recuncho FEITO CON XEITO

Pouquiño a pouco a biblioteca está recuperando a normalidade. A nosa biblioteca componse de moitos recantos. Un deles é a zona Feito con Xeito onde fedellamos e investigamos con distinto material. Acaba de abrir nos recreos. Neste trimestre os nenos nesta zona poderán  xogar an o tres en raia ou coas cartas, axilizarán a mente cos cubos de Rubick , construirán cos legos, aprenderán a mover o Doc coñecendo distintos animais...

 

Feito con XEITO

Land Art Animados animais.

 Facer Land art é crear obras artísticas soamente con elementos naturais. Os nenos e nenas do colexio elaboraron uns animais con esta técnica. Os nosos  pequenos grandes artistas.

Recanto de infantil.

Non se pode abrir un libro sen aprender algo.  Non sei se é por esta frase pero o certo é cun dos meus momentos favoritos é cando os nenos e nenas de infantil chegan a biblioteca por primeira vez. Descubren a maxia dos libros e quedan fascinados cando un dos maiores lle le un. Un dos mellores legados que lle podemos deixar aos pequenos e as pequenas e o amor pola lectura.

TEATRO LIDO



by Dr. Radut