Skip to Content

Decembro 2021

Panxoliñas dos peques da escola.

Os máis pequenos e pequenas  alégrannos o Nadal con estas panxoliñas.

 

BO NADAL!

Parabéns Carpiño

Os nenos e nenas de cuarto de primaria, xunto co mestre que estaba con eles o ano pasado, veñen de gañar un premio en biblioteca.O proxecto conta ca seguinte narrativa: Carpiño, unha carpa pequena que vive na cidade da Coruña, ó carón da Torre de Hércules. Pide axuda para limpar e coidar o seu fogar, que está cheo de plásticos e outros elementos que poñen a súa saúde e a do resto dos seres mariños  en perigo. A través de distintas probas conseguen salvalo.       

Agasalla un libro.

Boas! Non hai mellor agasallo que un libro. Deixo unhas recomendacións . Aínda así cada neno e nena ten os seus gustos, se tedes dúbidas sobre algún libro ou desexades comunicarvos directamente con Leoteca escribide un comentario. Se queredes algunha recomendación para un cativo ou  cativa en concreto mandade un correo a leoteca@ceipcanosarus.net   

A vós, BO NADAL.

Aínda que para a semana nos  esperen sorpresas... BO NADAL a todas esas personiñas que enchen a biblioteca cos seus sorrisos.

 



by Dr. Radut