Skip to Content

Maio 2022

FEIRARTE.

É de boa meiga ser agradecida. O gran éxito que tivo FEIRARTE foi grazas a moitos factores e persoas.

GRAZAS ó CLAUSTRO e ás persoas  que non son mestras pero que traballan no cole pola súa man de obra ,ideas ...e por tirar un dos outros cando xa non podes máis. FORMADES UN GRAN EQUIPO.

GRAZAS ó alumnado pola vosa implicación , traballo e por deixarnos ver o mundo a través dos vosos ollos.

GRAZAS ás familias por vir e seguirnos o xogo. Nos tempos que corren acudir máis de 120 persoas a unha escola para ver unha actividade non está nada mal.

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.

Intentouse plasmar en vídeos todo mais non foi posible. Nun primeiro vídeo podedes ver a grandes rasgos a feira. No segundo, fotos que recollen momentos. No último , o máis longo de todos, mostra algúns detalles  das explicacións. 




AVALÍA A BIBLIOTECA.

Para a semana subiremos vídeos sobre o día de hoxe. Buscade cinco minutiños para avaliar a biblioteca e poder seguir mellorando.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeJodt2bYV5o8g9e-KnZ5mr7jwbMPzL...

Lectura cos cans.

Coma última actividade de "Lectura e familias", un puñado de cursos puido disfrutar dunhas sesións nas que os cans eran os protagonistas. Os libros "Un can e un gato" de Paula Carbonell, e "Eu non fun " de  Christian Voltz , son contos escollidos  polos nenos para conseguir crear un ambiente máxico entre unhas poucas familias, nenos e cans.

 

Letras Galegas.

Desde 1963 cada 17 de maio celébrase o Día das Letras galegas para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía ou Castelao nos primeros anos ata Florencio Delgado, teñen sido moitos os autores -e menos as autoras- aos que se lle adicou esta data. Pero existen outras moitas persoas que no seu día a día contribúen ao mantemento do idioma propio de Galicia.O noso alumnado participou no Certame Literario  que se celebra no colexio e no de Asunción Antelo, que se celebra en Coristanco xunto cos outros colexios da contorna. Participaron en categorías que van desde debuxo, a poesía, cómic...

LICA

Que obradoiro tan bonito se realizou con Beatriz Fraga e o seu libro Lica!Xuntanzas que quedan gravadas.

ZONA CHILL OUT e ALECRÍN DE LEOTECA.

Na semana do libro estreamos o novo recuncho da biblioteca, a zona exterior CHILL OUT, para que me entendades, o “recuncho de relaxación”. Aquí, poderá ler ou xogar a xogos de mesa o grupo que lle toque no patio. Haberá libros e material específico para esa zona que se transportará nun carriño da biblioteca. Este carriño, entregarao o mestre que estea de garda na biblioteca. 3. Se somos moitos para sentar, agardamos a nosa quenda. E se funciona ben, irei introducindo novas actividades. Gustaríache? Tamén estamos a crear o Alecrín de Leoteca cos remedios caseiros que nos pasastes.

Álbum: Curso 21-22 -> Chill OUT E ALECRÍN DE LEOTECA


by Dr. Radut