Alumnado con reserva de praza no IES Santa Irene

No corcho do centro queda exposta a relación definitiva do alumnado admitido no IES Santa Irene procedente de centros adscritos, podedes pasar a consultala.

 

 

Admisión novo alumnado

 

 

 

 

Bo Nadal

A comunidade educativa do CEIP Canicouva deséxavos un bo nadal e un feliz aninovo!!!

 

 

Un Nadal para todos

Todos os nenos e nenas do cole traballamos para crear unha produción navideña e felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa que forma o CEIP Canicouva.

Desfrutamos moitísimo do proceso, dende o primeiro contacto coa LSE, ata a gravación final de cada aula.

Levar a cabo esta actividade foi posible grazas a implicación de todos e todas, alumnado e profesorado.

Esperamos que vos guste e o disfrutedes coma nós.

 

BO NADAL!!

Un bo nadal para tod@s

Nas últimas semanas a noticia das escasas visitas que están a recibir os nosos maiores en residencias da terceira idade, fíxonos reflexionar e valorar que podíamos facer dende o cole para alegralos nestes días. O alumnado de sexto de primaria, os maiores do cole, crearon unha pequena peli de nadal para intentar sacarlles un sorriso, tamén elaboraron unha manualidade para cada usuario/a, un lápis de nadal cun desexo no seu envoltorio. E por outra parte todo o centro realizou unha postal cunha mensaxe de agarimo e ledicial para os maiores.

Nun primeiro momento pensamos en enviar á residencia de maiores de Campo Longo, que foi a que realizou o chamamento nos telexornais, pero estes días o seu director agradeceunos a iniciativa,  pero tras recibir un aluvión de postais e felicitacións de nadal convídanos a compartir con outras residencias a nosa iniciativa. Polo que despois de investigar a que residencias lles podería interesar a nosa iniciativa, as postais, os lápices e o video foron enviados a tres residencias diferentes. 

  


 

Inauguración comedor

 

O pasado 26 de novembro visitounos D. César Pérez Ares, Xefe territorial de educación da provincia de Pontevedra, xunto co noso inspector D. Gustavo Lorenzo Prozzo, coa finalidade de inaugurar oficialmente o noso novo comedor. Para este acto, xunto a Carlota Rey Regueiro actual directora do centro estivo con nós Mª Belén García Vázquez, directora do CEIP Canicouva ata o curso pasado e que participou activamente na demanda á Administración da necesidade dun novo comedor que asegurase un servizo axeitado para os 150 alumnos e alumnas que son usuarios do servizo.

 Durante o pasado verán a Consellería de Educación, Xunta de Galicia, tivo a ben aprobar a financiación do que supuxo unha remodelación total da planta baixa do noso centro educativo, o que derivou nun cambio e mellora radical dos baños, lavabos, vestiarios e un comedor novo que favoreceu a posibilidade de dobrar o aforo e polo tanto a confortabilidade do servizo.

 Esta remodelación, e a determinación da Xunta de Galicia por rematala a tempo, supuxo unha implicación moi importante durante os meses de xullo e agosto. Esta obra favoreceu que dende principio de curso, a dinámica do servizo de comedor e aula matinal mellorase de xeito substancial. Agora dispoñemos dun espazo agradable, novo e cómodo que permite sacar un partido de maior calidade a estes servizos e, en definitiva, mellorar a calidade da vida escolar don nosos cativos e cativas convertendo a escola nunha ampliación do fogar do alumnado.

 Toda a comunidade educativa que formamos o CEIP Canicouva queremos agradecer a D. César Pérez Ares que recollese as nosas inquedanzas e preocupacións respecto ás necesidades da nosa escola, e non dubidase en apostar polo noso centro, polo noso proxecto educativo que facilitará sen dúbida que a nosa comunidade medre cada ano.

Itinerarios lectores 2022/2023

1º de Educación Primaria:

“Los biblionautas y las plantas”. Ana Alcolea , ed. Anaya , ISBN : 978-84-698-4882-1

·       “Superavoa”. David Rodríguez . Ed. Xerais , ISBN : 978-84-9121-751-0 

2º de Educación Primaria:

"Axente riciños: misión princesa” de El Hematocrítico. Ed: Anaya

·      “Bruxa e familia”. Carballeira Cabana, Paula. Editorial Santillana-Obradoiro.

3º de Educación Primaria:

“Doña Problemas” de El Hematocrítico. Ed: Anaya

·      “Papá caníbal”. M. Fraga, Antonio. Edicións Xerais.

4º de Educación Primaria:

“Alma de elefante”. Maceiras, Andrea. Ed: Anaya.

“Catro plumas de dinosaurio”. Aneiros, Rosa. Ed: Xerais

5º de Educación Primaria:

Carrol, Lewis.” Alicia en el País de las Maravillas”. Colección Clásicos a Medida. Ed. Anaya

Iglesias, Anxo. “Unha nova dimensión”. Colección Merlín. Edicións Xerais.

6º de Educación Primaria:

“As músicas viaxeiras”. Caride, Ramón. Ed: Xerais

·       “El héroe envenenado”. Gómez soto, Jorge. Ed: Anaya

APERTURA DO PROCESO E CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

         A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

                  - O director ou directora do Centro.

         - Un profesor ou profesora.

         - Un pai ou nai ou titor legal.

         - Un representante do persoal de administración e servizos                

        Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo venres, día 28 de outubro, ás 9.00 horas.

 

        Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

       

                                                      Vigo, 25 de outubro de 2025

Acceso a Aula Virtual

No arquivo adxunto podedes atopar unha breve descripción con imaxes para poder acceder a Aula Virtual.

Distribuir contido