Matrícula curso 22-23

Documentos necesarios para a formalización da matrícula. Lembrade que é ata o día 30 de xuño e tamén hai que traer fotocopia da cartilla de vacinas e fotocopia da tarxeta sanitaria.

Calendario escolar curso 2022-2023

Hoxe publicouse no DOG a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia..

Deixamos un resumo coas datas máis relevantes de cara a conciliación familiar.

 

 

Para información máis detallada podedes consultar a seguinte ligazón

Revista escolar curso 2021-2022

Nova edición da nosa revista escolar con moita información do que fixemos ao longo do curso

 

Axudas para alumnado con NEAE

O 18 de maio publicouso no BOE as axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN extendese dende o 19 de MAIO ATA O 30 de SETEMBRO de 2022, PERO NON O DEIXES PARA ESE DÍA, PORQUE TES QUE PRESENTALO NO CENTRO CORRECTAMENTE CUMPRIMENTADO, ASINADO E CUBERTO POLO GABINETE PEDAGÓXICO ANTES DESA DATA


 

Seguridade na rede e menores- Material complementario

Boas familias,

Compartimos, a continuación, algúns recursos complementarios a formación sobre seguridade na rede e menores con José Eugenio Torres:

INTERNET SEGURA FOR KIDS (acceso facendo clikc  na imaxe)

 Nesta páxina de referncia para familias e educadores, podedes atopar as seguintes guías:

 

 

 

CONSELLOS SOBRE A IDENTIDADE DIXITAL (2’ 54’’)

 

 PLAYLIST SOBRE IDENTIDADE DIXITAL(Moitísimos vídeos curtos de distintas temáticas relacionadas).  

 

DESCARGA DA GUÍA SOBRE IDENTIDADE DIXITAL (en .pdf) [83 páxinas]

 

Educación Viaria no Cole

Boas familias,

 

O Alumnado de 5º de ED. Primaria tivo unha sesión de seguridade peoníl coa sección de Educación Viaria da Policía Local de Vigo. Dende este organismo queren compartir con toda a Comunidade EDucativa a información complementaria que a continuación achegamos:

 
Queremos aproveitar para darlle as grazas aos membros da Policía Local de Vigo que acudiron ao noso centro.

Axuda humanitaria para a poboación de Ucraína

Prezadas familias;

A comunidade educativa que conformamos o CEIP Canicouva imos colaborar coa Asociación Galega de Auxda a Ucraína (@aga.ucraina) para recompilar e enviar material, alimentos non perecedoiros e enseres básicos a Ucraína.

 

 

Podedes atopar a lista completa dos materiais que precisan no documento adxunto. 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

Prezadas familias,

Publicamos, a continuación, as vacantes escolares dispoñibles no noso centro para o vindeiro curso 2022-2023. Lembramos que, segundo o calendario de admisión (que podedes consultar neste enlace), a presentación de solicitudes de praza abrangue do 1 ao 21 do presente mes de marzo.

 

 

 

Destinatarios:

  •  Alumnadode nova incorporación que solicita praza no noso centro.

Solicitude: A solicitude de admisión do alumnado pode facerse de dous xeitos:

  • Presencial: Presentando o impreso ED550B xunto co libro de familia
  • De xeito telématico: No portal de "Admisión ALumnado"

 Listaxe provisional:

  •  Antes do 25 de abril, será publicada no taboleiro de novas a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.
    • Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente.

 Listaxe definitiva:

  •  Antes do 15 de maio no  taboleiro de anuncios do centro será publicada a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.

 Para calquera consulta referida ao proceso de admisión, podedes contactar co centro en horario lectivo ( 886 120 237).

 

Distribuir contido