Comunicado familias. Xestión sanitaria no contexto escolar 17/01/2022


Achegamos información sobre o novo protocolo da xestión sanitaria no contexto escolar. Pinche no documento adxunto para consultar a información.

Unha tonelada de solidaridade

Hoxe dende a asociación AFAN viñeron a recoller os alimentos recollidos durante a campaña "Un camiño sinxelo para todos".
Ainda non sabemos se acadamos o obxectivo dunha tonelada que tiñamos marcado. O que si sabemos son as toneladas de ilusión, participación e implicación do alumnado e das familias neste reto. 
 
O agasallo de Nadal para o cole Canicouva foi consolidar o que xa comeza a ser una tradición, poder axudar na nosa contorna. Difícilmente poderíamos brindar aos nosos alumnos una experiencia de aprendizaxe máis realista.
 
GRAZAS a toda a comunidade educativa que forma o CEIP CANICOUVA en especial os cativos e cativas que cun sorriso sentiron este reto coma seu. 
 
Mención espacial ó alumnado de sexto que participou na montaxe do "spot" coa maior ilusión posible.
 
O equipo directivo e todo o claustro desexámosvos un Nadal cheo de esperanza, saude e felicidade.
 

Aula Matinal

Dende ben cedo, o alumnado do aula matinal ven traballando hai semanas para aportar o seu graniño de area na decoración de Nadal do noso cole. Manualidades e murais, non hai traballo que se lles resista. 

Quedou precioso!!!

Un Nadal no Camiño

Estando xa inmersos noutro Nadal no que toca "celebrar" de xeito alternativo, compartimos con vos un agasallo. 

 
Dende o CEIP Canicouva coa colaboración e implicación de todo o claustro, das familias e a participación de todo o alumnado, creamos con moito cariño a nosa produción "Un Nadal no camiño". 
 
A produción relaciona o Nadal co noso proxecto deste curso "O camiño de Santiago". 
 
Esperamos voltar cedo aos festivais que tan ben facemos. Mentres desexamos a toda a comunidades que forma o CEIP CANICOUVA, BOAS FESTAS, SAÚDE E... BO CAMIÑO!!!
 
*

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos desexarvos un terrorífico Samaín . 

Aquí vos deixamos o noso Abecedario Monstruoso elaborado por todos os nenos e nenas do noso centro

Un clic para el cole

 

Esta é unha iniciativa para axudar aos centros educativos. Amazon doará un crédito virtual para utilizar na compra de materiais que o centro precise dende o 6 de setembro de 2021 ata o 6 de febreiro de 2022 . 

Para buscar o noso centro soamente tedes que poñer :    

A CANICOUVA . 

Tedes mais información no folleto adxunto e

no seguinte enlace.

 

Distribuir contido