Creación de novos grupos ao finalizar cada ciclo

Estimadas familias, 

Durante o pasado curso o claustro renovou diferentes documentos de centro. Estes  documentos conforman a contextualización e autonomía pedagóxica dos centros educativos respecto á lexislación vixente en ámbitos de educación. Entre os documentos que actualizamos, atópase as NOF: as normas de organización e funcionamento do noso centro. Podedes atopalas na páxina web coma outros documentos polos que rexemos as nosas actuacións.

Dentro da elaboración deste documento, enfrontámonos a nivel de claustro a unha cuestión que tradicionalmente é controvertida, e despois de debatelo e consensualo, por unanimidade, todo o claustro votou a favor de mesturar os grupos na finalización do ciclo de Infantil, ao final de segundo e de cuarto de EP, polo que dende setembro estarán mesturados. 

Os motivos son moi diversos, e como profesionais do ámbito pedagóxico, estudando experiencias similares e escoitando vivencias de mestura noutros centros, non temos ningunha dúbida de que vai resultar unha mellora absoluta na conformación de grupos plurais, equitativos, que favorezan o proceso ensino-aprendizaxe, a inclusión escolar e que conformen o modelo escolar  que perseguimos. 

A continuación recollemos o fragmento literal que aparece nas NOF do noso centro:

"Crear novos grupos ao finalizar cada ciclo

Ao finalizar a etapa de Educación Infantil co peche do ciclo de Infantil e ao finalizar o primeiro e segundo ciclo de Primaria, farase unha redistribución dos dous grupos buscando no inicio do novo ciclo grupos-aula nos que prime a equidade. Baixo un criterio pedagóxico inclusivo que favoreza o desenvolvemento integral do alumnado se chega a este acordo. A finalidade desta medida é compensar os grupos favorecendo a equidade e facilitando así os vínculos e lazos entre os membros dun mesmo nivel.

Por outra banda, adoptando esta medida, facilítase a inclusión escolar da totalidade do alumnado evitando a posible etiquetaxe do alumnado que presente necesidades ou dificultades de aprendizaxe. Ademais rompen burbullas sociais que en ocasións non facilitan o desenvolvemento do proceso de socialización e do progreso das habilidades sociais, e en consecuencia do ámbito social do alumnado.

Para a creación dos novos grupos realizarase unha reunión a finais do mes de xuño cos seguintes membros: xefatura de estudos, xefatura departamento de orientación, titores/as do curso que finaliza e, de ser o caso, especialista de PT/AL. Nesta reunión os titores/as trasladarán as aportacións do equipo de mestres/as que imparten docencia na aula, transmitidas na última sesión de avaliación (3º trimestre). Para a confección dos novos grupos teranse en conta os seguintes criterios, todos eles co mesmo peso, partindo do 50% de cambio de grupo aproximadamente:

- Distribución equitativa entre alumnas e alumnos.

- Alumnado que non promociona. Como norma xeral, se hai máis de un, divídense entre as dúas aulas.

- Alumnado con NEAE.

- Alumnado de nova incorporación ao centro, no caso de que sexa máis de 1 irán 1 para cada clase.

- Alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo español

- Diferenzas significativas de rendemento escolar, tendo en conta as materias instrumentais.

- Presenza de alumnado que presenta problemas de convivencia.

- Vínculos sociais entre o alumnado, sobretodo no caso de alumnado con NEAE."

 

Como se expón anteriormente é unha decisión meditada e sobre todo, moi consensuada por un equipo docente convencido e comprometido co traxecto que pretendemos trazar. 

Independentemente de que a nivel xustificativo pouco máis podemos aportar, o equipo directivo estará encantado de escoitar todas as dúbidas, inquedanzas e suxestións que queirades trasladarnos polo que quedamos a vosa completa disposición. 

 

Recibide un cordial saúdo.

Grazas pola confianza.

Listaxes definitivas

Alumnado con reserva de praza no IES Santa Irene

No corcho do centro queda exposta a relación definitiva do alumnado admitido no IES Santa Irene procedente de centros adscritos, podedes pasar a consultala.

 

 

Admisión novo alumnado

 

 

 

 

Bo Nadal

A comunidade educativa do CEIP Canicouva deséxavos un bo nadal e un feliz aninovo!!!

 

 

Un Nadal para todos

Todos os nenos e nenas do cole traballamos para crear unha produción navideña e felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa que forma o CEIP Canicouva.

Desfrutamos moitísimo do proceso, dende o primeiro contacto coa LSE, ata a gravación final de cada aula.

Levar a cabo esta actividade foi posible grazas a implicación de todos e todas, alumnado e profesorado.

Esperamos que vos guste e o disfrutedes coma nós.

 

BO NADAL!!

Distribuir contido