Aviso familias!!
Lembrade que mañá celebramos o Samaín no colexio.
Aquí tedes o noso Xornal!
Deixamos unha mostra do traballo realizado durante este curso escolar 23/24.
Esperamos que vos guste.
Hoxe celebramos o Día de Rosalía. O alumnado do cole elaborou conxuntamente e de maneira colaborativa un collage e un Podcast sobre a figura de Rosalía de Castro.
Nas últimas semanas a noticia das escasas visitas que están a recibir os nosos maiores en residencias da terceira idade, fíxonos reflexionar e valorar que podíamos facer dende o cole para alegralos nestes días. O alumnado de sexto de primaria, os maiores do cole, crearon unha pequena peli de nadal para intentar sacarlles un sorriso, tamén elaboraron unha manualidade para cada usuario/a, un lápis de nadal cun desexo no seu envoltorio. E por outra parte todo o centro realizou unha postal cunha mensaxe de agarimo e ledicial para os maiores.
Nun primeiro momento pensamos en enviar á residencia de maiores de Campo Longo, que foi a que realizou o chamamento nos telexornais, pero estes días o seu director agradeceunos a iniciativa, pero tras recibir un aluvión de postais e felicitacións de nadal convídanos a compartir con outras residencias a nosa iniciativa. Polo que despois de investigar a que residencias lles podería interesar a nosa iniciativa, as postais, os lápices e o video foron enviados a tres residencias diferentes.