Axudas para libros de texto e material escolar

Dende hoxe, 21 de maio, ata o vindeiro 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a compra de mateiral escolar e libros de texto para o vindeiro curso.

Proceso de admisión (Alumnado que comeza no centro no curso 2024-2025)

COMO REALIZAR O TRÁMITE DE ADMISIÓN E MATRICULA

  • De xeito presencial no cole: Debes descargar a solicitude de admisión e entregala no centro do 1 ao 20 de marzo, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas xunto coa documentación precisa (libro de familia, sentenza de separeción, acreditación de necesiades especiais...)

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUD: Castelán

  • De xeito electrónico: Aquí poderás realizar o trámite.

Se non puideches asistir á Xornada de Portas Abertas, podes acudir ao centro no mesmo horario para que che proporcionemos o documento de solicitude de admisión.

DOCUMENTACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN

PRAZOS PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULA
 
Se tes algunha dúbida cos prazos do procedemento podes botar unha ollada aquí
 
NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:
 

 

 

 

23 de febreiro- Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía. O alumnado do cole elaborou conxuntamente e de maneira colaborativa un collage e un Podcast sobre a figura de Rosalía de Castro.

 

 

Entroido 2024. Ordes do meco

 

 Fai click na imaxe para visualizala ampliada

 

Admisión alumnado curso 2024-2025

Achegamos calendario do proceso de admisión do alumando para o vindeiro curso 2024-205

 

Portas Abertas. Matricula curso 2024-2025

O período de Admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25 está establecido dende o 1 ao 20 de marzo,  ámbolos dous incluídos.

 

Neste contexto, coa finalidade de que as familias interesadas coñezan o centro e o noso proxecto educativo levaremos a cabo as xornadas de portas abertas.

 

Realizaremos visitas o día 22, 23, 26 e 28 febreiro ás 16.00 h., en pequenos grupos e con cita previa a fin de poder atender a tódalas vosas dúbidas.

 

É preciso reservar praza para a visita no teléfono do centro 886 12 02 37, indicando cal é a preferencia de día e os datos da persoa que solicita a visita. 

 

Calquera dúbida que poda xurdir estaremos encantados de axudarvos.

 

Agardámosvos!!!!

 

 
 

 

Admisión alumnado centros adscritos curso 2024/2025

Achegamos información relativa ao procedemento de admisión de alumnado en centros adscritos para o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Distribuir contido