Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Moitas grazas a todos/as
A pesares de que a climatoloxía non nos deu un respiro, pasámolo en grande. Moitas grazas ás familias, ás empresas, ao Concello, á ANPA, a Protección Civil, ao profesorado e resto de persoal, e especialmente, aos nenos e nenas polo seu gran esforzo. Iremos incluíndo pouco a pouco, fotos na Galería.
II Carreira Escolar do Magosto 2015
Circular nº4 Magosto 2
Nota da Biblioteca
Mañá 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.
Para celebralo, esta tarde, ás 18:00 no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, haberá unha actuación de Fanfarra Títeres, que representará “Soñador de historias”.
Por outra banda, desde a Biblioteca convidámosvos a compartir con todos os usuarios e usuarias da biblioteca o voso libro favorito. A idea é que debuxedes a súa portada en medio folio ou en un cuarto, e por detrás, podedes escribir porque vos gustou.
Recordámosvos que o luns 26 é o último día para a entrega de contos para o Concurso de Terror.
Animádevos a participar.
Exposición de cabazas do Samaín
Pódense traer a partires do luns 26 e recollelas o día 29.
Visita dos xogadores do Santiago FutSal
Máis imaxes na Galería.
Circular nº3 Magosto-Días non lectivos
Programación Xeral Anual 2015-2016
Aprobada a Programación Xeral Anual para este curso 2015-2016 que se pode consultar en documento que se achega.
Circular nº2 2015-2016 Obradoiros de Educación Emocional
Concurso de contos de terror
Resultados da avaliación individualizada de 3º EP
Inicio de curso 2015-2016
Circular nº1 Axudas de material e día non lectivo
Reunión de inicio de curso
Convócase as familias a unha reunión informativa para o vindeiro mércores día 9 de setembro ás 10:30 horas no centro. Dita xuntaza terá dúas partes, unha con información xeral e outra a nivel titorial.
Axudas para a adquisición de material escolar
Convocáronse axudas para a adquisión de material escolar. O prazo de presentación de solucitudes remata o 1 de outubro. Máis información. Impreso de solicitude.
Prégase facelo a primeira ou última hora da mañá posto que o profesorado tamén temos que atender a labores didácticas. Graciñas.
Listaxe definitiva de libros de texto para 3º e 4º de EP
Achégase en arquivos adxuntos as listaxes definitivas de libros de texto para os cursos terceiro e cuarto de educación primaria.
Listaxe de alumnado que participará no fondo solidario de libros de texto
Públicase listaxe difinitiva de alumnado de 3º e 5º de EP admitido nesta iniciativa. Os libros recolleranse en setembro. Ligazón ao arquivo.
Recollida dos vales para a adquisición de libros de texto
Os vales poderanse recoller no centro dende o martes 7 ao venres 10 de xullo, en horario de 10 a 14 horas.
Actividades fin de curso
Circular nº 15 Banco de libros
Máis información na web da Consellería de Educación. Premer aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- seguinte ›
- última »
![CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés RSS Distribuir contido](/centros/ceipcaminhoingles/misc/feed.png)