Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Protexe os animais
Visita dos axentes do III Distrito Forestal
Can de asistencia
Repercusión na prensa da inclusión dun can de asistencia no colexio.
https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/un-perro-asistenci...
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/10/02/marshall-mejor...
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-3921985?t=2581?t=2583
Semana Verde de Silleda
Como o noso conto para Pi gustou, tivemos a oportunidade de asistir a unhas actividades organizadas pola Consellería de Medio Ambiente sobre Parques Naturais na Semana Verde en Silleda. As fotos dan boa fe do ben que o pasamos.
É moi importante coidar do noso patrimonio natural, é onde vivimos pero tamén o habitat dos animais que nos rodean.
Adoptada!
Oxalá puidesen ser moit@s máis pero algo é algo... Ylai xa non ten que vivir no Refuxio porque atopou unha familia. Recordades o cuestionario de preadopción? Pois cubrímolo para adoptar a Trece, despois pensamos en Larsi e ao final veu Ylai. En realidade non importa a cal lle damos unha segunda oportunidade, o caso é darlla.
E recordamos que cando se adopta un can, neste caso unha cadela, hai que tomalo con calma xa que é lóxico que lle leve tempo adaptarse ao seu novo fogar. Imaxes
"La razón de estar contigo"
Tocou película sobre a temática dos cans, unha longametraxe de Lasse Hallström baseada na novela de Bruce Cameron. Conta a historia dun can con moitas vidas e de todo o que lle vai pasando, pero tamén é a narración das relacións dos humanos vistas dende os seus ollos. Nela aprécianse os lazos que existen entre eles. Con esta peli, rimos, choramos, emocionámonos,.... Iso sí, fixemos o experimento de poñela nunha clase que estivo no proxecto todo o curso e noutra que non o estivo...e podemos asegurar que o público non reaccionou igual, sacade conclusións... Imaxes
Se queredes saber de que vai aquí tendes o trailer.
Poemas Dixitais
Como tiñamos tanto que dicir e tanto no corazón, decidimos escribir máis poemas pero desta vez aproveitando os nosos coñecementos dixitais e dándolles outro aire, aquí están para que os poidades ler.
Os nosos poemas
A visita ao Refuxio cargounos de emocións e vivenzas, decidimos darlle liberdade a todos eses sentimentos escribindo uns poemas. Esperamos que vos gusten. Imaxes
Somos noticia!
A nosa visita de onte ao Refuxio foi recollida hoxe na prensa. Botádelle unha ollada aquí!
Chegou o día!
Por fin o tempo acompañou e puidemos ir a Cambados a facerlles unha visita a Pitín, Guismo, Trece, Espe, Perraca, Raya, Ylai e tant@s máis. A verdade é que unha cousa e ler as súas historias nunha páxina web e outra ben distinta é telos diante de ti.
Paseámolos, bañámolos, démoslles de comer, ata asistimos como lle deron a medicación a Pitín e todo. Foi incrible. Só foron unhas horas pero xa nos encariñamos un montón con eles. O duro foi ter que deixalos alí. Hoxe aprendimos moitísimo, hoxe sentimos moitísimo, hoxe vivimos moitísimo. Grazas Olga e tod@s @s voluntari@s por darnos a oportunidade de participar desta experiencia! Imaxes
Menuda sorpresa!
A que non sabedes que chegou hoxe ao cole? Pois un exemplar para tod@s do conto que lle léramos a Pi, "Sultán non ten microchip" Menuda ilusión que nos fixo!
Como se adopta?
Hoxe cubrimos un formulario online, un cuestionario de preadopción porque a nosa intención é adoptar un dos cans do Refuxio de Cambados. A verdade é que nos levou moito tempo porque hai moitísimas preguntas pero en realidade parécenos estupendo porque adoptar un animal non pode ser unha decisión tomada a lixeira. Se tendes curiosidade por saber o que se pregunta, aquí podedes atopar o modelo.
@s nos@s amig@s do Refuxio
Temos previsto coñecer as instalacións do Refuxio de Cambados e non queremos presentarnos coas mans baleiras, por iso entramos na web para coñecer aos animais que nos imos a atopar alí. A verdade é que foi unha actividade moi interesante porque descubrimos que detrás de cada can ou cadela hai unha historia, o máis das veces, moi triste e moi dura. Compartimos as historias entre tod@s e despois fixemos uns debuxos para levalos.
Tamén decidimos recoller cartos para contribuír dalgunha maneira. Aínda que sexa a pouquiños, cando se xuntan a cousa cambia algo. Imaxes
Galgui!
Na hora de lectura de hoxe tocoulle o turno a Galgui. Tiñamos moitas ganas de descubrir a aventura deste pequeno galgo que un día decidiron abandonar. Este é un libro no que a súa autora puxo todo o corazón, custoulle traballo que saíra á luz pero conseguino. En realidade así é como se cambian as cousas, intentándoo con todas as nosas forzas. Nós imos aprendendo pouquiño a pouco. Imaxes
Visita do Refuxio de Cambados
Hoxe veu Olga do Refuxio de Cambados para falarnos de animais abandonados. Quedamos abraiados co número de abandonos que hai cada ano e do cruel que poden chegar a ser ás veces as persoas. Temos que ser responsables para cambiar as cousas entre tod@s! Aínda así Olga demostrounos que lle podemos dar unha segunda oportunidade a estes peludos e que podemos ensinarlles a facer cousas extraordinarias (ou simplemente que sexan @s nos@s compañeiros que xa é moito) Imaxes.
Saída ao Museo de Historia Natural
Protexer os animais implica tamén coidar o lugar onde viven. Nós somos da idea que canto máis e mellor coñeces o lugar onde vives, máis o vas a querer. Así que un xeito de descubrir as especies que nos rodean, en definitiva a nosa biodiversidade, é achegarnos ao fantástico Museo de Historia Natural da USC. Imaxes
Semana da Prensa
Estamos moi implicados no proxecto de "Protexe os animais" por iso na nosa sección do Xornal "Pegadas no Camiño" decidimos tratar un tema local que estivese algo relacionado. Optamos por achegarnos ao Carboeiro e localizar as papeleiras especiais para as "cousiñas" dos cans. E volvemos a levar "Ecopoops" os recolledores ecolóxicos que repartiu o Concello e que xa usaramos cos cans da Asociación "Sól lles falta falar". Imaxes
Aproveitamos tamén para facer uns "anuncios" para promover a tenza responsable de animais así como o respecto polo medio no que vivimos. Tod@s elaboraron dous anuncios, despois escollemos os mellores por votación para incluílos no Xornal. Aquí podedes ver algúns.
Novo Material!
Chegounos o material didáctico de ANAA Educa. Imos poder aprender sabendo que colaboramos axudando a unha Asociación preocupada por elaborar material divulgativo para educar en valores a través da imaxe dos animais así como traballar aspectos da protección animal na aula. O dvd resultou moi interesante e o libro é ideal para os máis pequen@s da casa. Imaxes
Visita de Pi!
Hoxe tivemos unha visita moi especial, acompañáronnos Ana Quiroga, da Consellería de Medio Ambiente, e o seu can Pi. Xunt@s limos o conto de "Sultán non ten microchip" e aprendemos máis sobre como hai que identificar aos animais de compañía (e si! eles tamén teñen pasaporte e carnet de identidade).
A continuación tamén nos xuntamos por grupiños para crear o noso propio conto para regalarlle a Pi, a verdade é que o pasamos xenial e o conto non quedou nada mal. Imaxes
O conto está aquí
Entrevista en Radio Ü a María Sabell.
A verdade é que aprendimos un montón coa asociación de "Só lles falta falar" e pensamos que sería estupendo poder compartir cos demais compañeiros e compañeiras así como as súas familias esta experiencia. Por iso preparamos unhas preguntas para María Sabell para unha entrevista que podedes escoitar aquí.
Volven os cans ao colexio!
A asociación de "Só lles falta falar" volven ao colexio, desta vez para todas as clases, dende Infantil ata Primaria. Iso si, nós estamos preparad@s porque fixemos os deberes. Ademais hoxe tócanos sacar os cans e cadelas de paseo. Un exercicio estupendo de paciencia onde de nos explicarán como hai que facelo. E como aproximarnos a eles cando lles temos medo (como algúns d@s nos@s compañeir@s) Imaxes