Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Semana solidaria de teatro
VIII Semana Solidaria de Teatro
Número agraciado coa camiseta: 650
VII Semana Solidaria de Teatro
Semana Solidaria de Teatro 2022
IV Semana Solidaria de Teatro
Proxecto solidario desta edición:
Pretendemos mercar unha neveira e, se podemos, unha cociña, aos nosos compañeiros do Sahara cos que vimos colaborando durante os cursos anteriores. O custe é de:
- 365 € a neveira.
- 263 € a cociña.
Os cartos pódense meter no peto solidario que temos na entrada do centro.
Graciñas.
TeleTeatro - Un planeta en perigo de extinción
Obra de Teatro de 2ºA realizada con moita ilusión, implicación e compromiso.
Radio Ü_Somos os monstros
Edición especial de Radio Ü con motivo da IV semana solidaria de teatro que tivemos que suspender. Pero lonxe de quedarnos quietos/as, a familia Bouza Silva, adapta a obra de Paula Carballeira, "Somos os monstros", en versión audiolibro dende o confinamento polo COVID-19. Espectacular traballo editado polas propias nenas e coa participación de toda a familia, no que é unha gran oportunidade de gozar co teatro nestas vacacións. Fantástico.
III Semana solidaria de Teatro
Hoxe, 27 de marzo de 2019, Día mundial do Teatro, publicamos o calendario de actuacións da III Semana solidaria de teatro, coa colaboración como en anteriores edicións de Sahebbi.
Aparición no programa A Revista da TVG.
08:22
14:55
01:01:34
Imaxes da axuda adquirida co recadado.
Chega a axuda da II semana solidaria de teatro
Chega a colaboración que o centro, coa axuda da asociación Sahebbi, manda ao Sáhara grazas ao traballo dos nenos/as na II semana solidaria de teatro. Moitas grazas a todos/as.
II semana solidaria de teatro_Obras de teatro
II semana solidaria de teatro
O mércores teremos un encontro con Fadile Tibisay Chami.
I Semana solidaria de teatro
Pódense ver as obras nesta lista de reprodución: