Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Voz Natura
Cronograma Proxecto Schola
Proxecto Schola
Escola (do grego: scholé; e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro de ensino, especificamente os do ensino primario. O significado orixinal en grego era tranquilidade, tempo libre, que despois derivou en aquilo que se fai durante o tempo libre e, máis concretamente, o que paga a pena facerse.
Durante o vindeiro curso queremos reflexionar sobre o papel da escola na nosa sociedade, que importancia ten no mundo no que vivimos, quen son as persoas que traballamos nesta institución, cal é a súa historia na nosa contorna, comprobar se na maioría de lugares a escola é coma a nosa, que futuro ten coas novas tecnoloxías.
A partires desa reflexión queremos deseñar fisicamente a escola dos nosos soños, imos transformar os seus espazos para convertela nun lugar adaptado ao concepto de escola que queremos.
Por iso, invitamos a toda a comunidade a formar parte desa transformación para que ao final do curso 22/23 inauguremos de novo a nosa escola, a escola na que fagamos o que paga a pena facerse, a escola dos nosos soños.
Vémonos o día 6 de setembro ás 11 da mañá con todos os detalles.
E para despedirnos, que mellor que coñecer algo máis dunha docente e investigadora, Ángeles Alvariño.
Bo verán.
Resultados da Enquisa de satisfacción 21_22
Proxecto Ríos 2021
Boletín Ecotropa_nº4
Inauguración Horta Ecotropa
Ligazón ás fotografías sobre a actividade.