Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Vichyssoise en Radio Ü
Segunda sesión do Club de Lectura en Familia
Xornada de portas abertas
Contacontos polo Día da Muller Traballadora
O alumnado de 6º EI e 1º EP asistiu a una sesión de contacontos con motivo desta conmemoración ao Centro Cultural.
Club de sendeirismo Ponte Ulloa 1
Xornada de portas abertas
Encontro con Marcos Calveiro
O alumnado de 4º de EP, xunto co alumnado do CEIP de Sigüeiro tiveron a oportunidade de asistir a unha charla co escritor Marcos Calveiro, a raíz da lectura do libro "Unha casiña branca". Non vos perdades a entrevista que concedeu para Radio Ü. En breve nas ondas.
Visita de 1º e 2º de EP a Compostela
Novas imaxes sobre a saída dos grupos 1º e 2º de EP o pasado 1 de marzo a Compostela.
Formación do profesorado coa Asociación Asperga
Hoxe tivemos a oportunidade de ter unha xornada de formación con Verónica Santiso da Asociación Asperga (Asociación galega de familias de persoas afectadas pola síndrome de Asperger). Moitas grazas por todo. Foi moi construtivo.
Novo blog "Camiñando segur@s en Sigüeiro"
Engadido novo blog do alumnado de infantil no que traballan aspectos relacionados coa mobilidade sostible e segura. Botade unha ollada. Moi recomendable para todos os públicos.
Visita a Compostela
O alumnado de 5º e 6º de EP asistiron en Compostela ao obradoiro "Salto de páxina" no Auditorio de Galicia e á exposición no Obradoiro de Henry Moore.
Máis imaxes aquí.
Saída á Domus
Máis imaxes nesta ligazón.
Circular nº19 Grupo de sendeirismo
Club de lectura en familia
Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar desta xuntanza que terá a súa vindeira reunión dentro de dúas semanas, o xoves 10 de marzo. Lembramos que esta actividade a todo o mundo que queira estea ou non apuntado previamente.
Día de Rosalía 2016
Máis imaxes na Galería.
Menú comedor marzo 2016
Escola de familias con Antonio Roma
Foi unha tarde moi proveitosa onde falamos co fiscal da Fiscalía de Santiago de moitos temas moi interesantes. Tamén pasou polos micrófonos de Radio Ü para someterse ao cuestionario incisivo de Erika e Leire. Pronto poderemos escoitalo. Moitas grazas a Antonio pola súa compañía.
Moitas grazas
Circular nº18 Cambio de data club de lectura en familia
Primeira emisión de Radio Ü
Hoxe e con motivo do Día Mundial da Radio tivo lugar a estrea da nosa radio, RADIO Ü, cunha entrevista moi especial, á profesora Elvira, á que lle estamos moi agradecidos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »
![CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés RSS Distribuir contido](/centros/ceipcaminhoingles/misc/feed.png)