Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Semana de xadrez 2016
Durante esta semana estamos a levar a cabo varias actividades relacionadas co deporte do xadrez. Hai un concurso para dar solución a dez xogadas, leccions maxistriais, partidas simultáneas e as finais do noso primeiro campionato. Para acceder a imaxes deste acontecemento, premer nesta.
Quedada literaria no Carboeiro
Actividades propostas polas bibliotecas do CEIP de Sigüeiro e do CEIP do Camiño Inglés. Para ver máis imaxes premer nesta.
Circular nº21 Caraocole 2 e outros
Saída do alumnado de infantil ao espectáctulo Xoga
O alumnado de educación infantil asistiu hoxe ao espectáculo Xoga no Teatro Principal.
Nova sesión do Club de lectura en familia
Vindeira sesión o xoves 7 de abril ás 16:30 horas.
Presentación do programa Caraocole
Hoxe tivo lugar a reunión de presentación do programa Caraocole. Moitas grazas aos presentes e os Concelleiros de Ensino e Mobilidade, membros da ANPA e da Policia Local. Se alguén quere colaborar como voluntario/a, especialmente na posta en marcha do programa, que se poña en contacto coa ANPA Carboeiro ou co centro (ben por correo electrónico ou por calquera outro medio). O día 15 comezará o programa. Esperamos sexa recibido por todos/as con ilusión e que supoña unha mellora na educación viaria dos máis novos da nosa comunidade.
Escola de familias 3. A celiaquía.
Moitas grazas a Susana pola súa atención e por eses doces tan ricos. Máis información no facebook de Celiacos en acción.
Encontro con María Canosa
O alumnado de 3º de EP asistiu ao Centro Cultural xunto co CEIP de Sigüeiro para asistir a un encontro coa escritoria, María Canosa, autora do libro "Rubicundo". Proximamente poderemos escoitar unha entrevista en Radio Ü.
Circular nº 20 Caraocole
Menú comedor abril 2016
Cambio de denominación. CEIP do Camiño Inglés.
Publicado no DOG o cambio de denominación do centro, pasando a chamarse CEIP do Camiño Inglés. Esperamos que este cambio sirva para dotar de identidade a esta comunidade. Moitas grazas a todos/as os que o fixeron posible.
Día de Rosalía 2016
Vísita de Teresa González Costa
Admisión 2016-2017
CALENDARIO
RESERVA DE PRAZA. 1 A 15 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES de Oroso. Solicitude de reserva.
DESEMPATE. ÚLTIMA SEMANA DE FEBREIRO. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2016/17. Sala de Xuntas da Consellería de C.e O.U.
VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro.
PORTAS ABERTAS. Xornada de portas abertas. 8 de marzo ás 17:00 na aula de psicomotricidade. Informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
SOLICITUDES. 1 A 29 DE MARZO. Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. Formulario de solicitude.
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 DÍAS HÁBILES apartires dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).
MATRÍCULA. DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37