Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Reunión inicio de curso 2016-2017
O vindeiro xoves 8 de setembro ás 11 horas terá lugar a reunión de inicio de curso. Consistirá nun primeiro encontro xeral no que se resolverán cuestións importantes para toda a comunidade, e posteriormente unha xuntanza por cursos para falar sobre temas como o material, metodoloxía, etc.
A duración será de aproximadamente unha hora. Ao remate haberá unha reunión preparatoria para as familias que queiran participar como voluntarias no programa Caraocole.
Esperamos contar coa asistencia de todos/as.
Bo curso 2016-2017.
Erro nos libros de inglés de 1º e 2º de EP.
Advertido un erro nos ISBN dos libros de inglés de 1º e 2º modíficouse a lista cos datos correctos. Desculpen as molestias.
Libros de texto 2016-2017
Lémbrase que os libros de inglés de infantil non se deben comprar ata setembro. Tamén que aínda que non lles corresponda libro por renda é posible recibilos das doazóns doutros nenos/as. Neste caso preguntar na ANPA despois de que se publiquen as listas de beneficiarios das axudas.
Roupa deportiva para o vindeiro curso
A partires da vindeira semana pódese reservar a roupa deportiva do centro. Elíxironse catro prendas cos seguintes criterios:
- Que a roupa sexa de calidade.
- Que teña certa continuidade no tempo. É dicir, que se poida manter para vindeiros cursos.
Con esta iniciativa preténdese facilitar a elección deste tipo de ropa por parte das familias e fomentar o sentimento de pertenza á comunidade que ao final reverte nunha mellor convivencia entre todos/as.
As prendas son as seguintes:
Sobra dicir que as prendas están rotuladas e que é absolutamente voluntario adquirilas. De feito, pódese comprar unha, varias, todas ou ningunha. Os prezos son os seguintes:
Sudadeira: 32 €; Pantalón: 27,50 €; Camiseta: 9 €; Chaqueta: 19€
A partires da vindeira semana pódense probar e adquirir en Equip@t.
Renuncia da Presidenta da ANPA
Moitas grazas por todo. Esperamos seguir contando contigo.
Teatro 6º: O maquinista Antón. Ligazón para vela.
Premer aquí.
Listaxe definitiva axudas libros/material e fondo solidario
Publícase no taboleiro e na web a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos.
Mañá xoves 7 e o venres 8 será a entrega de vales e libros. De 10 a 13 horas.
De todos xeitos con respecto ao fondo de libros, especialmente nos cursos 3º e 6º, vaise facer unha adquisición complementaria de libros para aqueles/as aos que lles corresponde pero para os que non hai existencias no fondo. Estes libros serán repartidos en setembro. Tamén volvemos facer un chamamento por se alguén quere facer doazón de libros destes ou doutros cursos.
Axudas libros de texto e material e fondo solidario
Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as no fondo solidario de libros de texto, e de concesión de axudas para libros e material. Lémbrase que hai prazo para posibles reclamacións de dous días e que o xoves e venres será a entrega de vales e libros de 10 a 13 horas.
Con respecto ao fondo solidario (3º, 4º, 5º e 6º de EP), a aqueles que sexan admitidos/as pero que non teñan libros posto que non hai no fondo pero teñan dereito a eles, faráselles entrega do que lles corresponde unha vez se faga a compra por parte do centro.
Aviso_Chándal
Aviso: Estase a elixir un chándal para o vindeiro curso para quen, de maneira voluntaria, queira utilizalo. O modelo presentarase na reunión de inicio de curso.
Graduación 22 de xuño de 2016
Moitas grazas por gravar este vídeo e querelo compartir con todos.
Fin de curso
Foi un ano inesquecible para todos/as. Moitas grazas e bo verán.
Fotos e vídeos do fin de curso.
Resultados das enquisas de satisfacción das familias curso 2015/16
Moitas grazas por adicar este tempo a cumprimentar a enquisa. Os resultados son moi valiosos para todos/as, especialmente os comentarios de todo tipo que se recolleron.
1. A participación das familias na vida do centro |
4,01470588 |
2. A formación que recibe o seu fillo /a no centro |
4,26760563 |
3. O uso da axenda |
3,89230769 |
4. Os recursos materiais que ten o centro |
4,07246377 |
5. As actividades complementarias (Magosto, Entroido…) |
4,43661972 |
6. A información que recibe da vida do centro |
4,45070423 |
7. A páxina web |
4,21212121 |
8. O comedor |
4,05128205 |
9. Abalar Móbil |
4,19354839 |
10. O uso das redes sociais |
4,22033898 |
11. O programa Caraocole |
4,66666667 |
12. A formación do alumnado en xeral |
4,08695652 |
13, A formación deportiva do alumnado |
4,15384615 |
14. A formación do alumnado en linguas estranxeiras |
3,03030303 |
15. O horario do centro |
4,49295775 |
16. As actividades extraescolares |
3,84 |
17. O Plan PROA |
4,02941176 |
18. A convivencia no centro entre o alumnado |
4,08955224 |
19. Grupo de sendeirismo |
4,30232558 |
20. Escola de familias |
4,27272727 |
21. Club de lectura en familias |
4 |
22. Hora de ler |
4,46296296 |
23 O labor da ANPA Carboeiro |
4,4057971 |
1. A dispoñibilidade para atender ás familias |
4,61428571 |
2. A atención recibida |
4,7826087 |
3. A resolución dos problemas plantexados |
4,4375 |
4. A información recibida |
4,44776119 |
1. Un centro agradable de traballo para o alumnado |
4,6 |
2. Un centro innovador |
4,27941176 |
3. Un centro onde hai un bo nivel académico |
4,03225806 |
4. Un centro onde hai unha boa convivencia |
4,26470588 |
5. Un centro no que se ten confianza |
4,52238806 |
6. Un centro no que sae ben preparado |
4,03508772 |
7. Un centro que vai mellorando |
4,56521739 |
8. Un centro que está aberto á participación das familias |
4,68571429 |
9. Un centro cunha ANPA útil |
4,48529412 |
Agasallos da TVG
Os nenos e nenas de 2º recibiron uns agasallos da TVG como recoñecemento ao seu traballo no certame "Nós tamén creamos". Moitas grazas aos responsables da cadea.
Actividade coidado de cans
Hoxe tiveron lugar as charlas sobre tenencia de animais domésticos a cargo da Asociación de amigos da Cancería de Ordes en colaboración con Casa Grande de Xanceda. Imaxes.
Obra de teatro de 6º "O maquinista Antón"
Imaxes da obra de teatro de 6º representada hoxe con gran éxito. Moitas grazas aos que aportaron o euro da entrada que servíu de axuda para sufragar os gastos da excursión de fin de primaria.
Día da bicicleta xuño 2016
Aquí tedes a ligazón dalgunhas das imaxes da xornada. Moitas grazas á Policía Local de Oroso, Tambre Bike e Federación Galega de Ciclismo.
Circular nº 32 Fin de curso 2
Presentación da biblioteca sobre Manuel María
Enquisa sobre satisfacción das familias co centro
É totalmente anónima e pregamos a participación de todos/as.
Aviso
O día da bicicleta celebrarémolo finalmente o luns 20 e a saída de fin de curso o martes 21.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- seguinte ›
- última »