Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
O máis alto do podio nº42 16 de decembro de 2019
Visitan o programa Kostas Vasilieades e Nando Vicario, no que é a nosa primeira edición de "Entrevistas Vintage" de deportistas. Moitas grazas por vir.
Nadal 2019
Visita Xogadores do Obradoiro - Antes e Agora
O luns 16 de decembro, Nando Vicario e Kostas Vasileaidis estarán en directo dende Radio Ü para falar das súas carreiras deportivas e do seu equipo, o Obradoiro CAB, en épocas distintas. Imaxes
Experimentos en Galego na Biblioteca II
Auga máxica, fantasmas espumosos e cores polas nubes son algúns dos experimentos que deixaron coa boca aberta aos asistentes aos experimentos desta mañá na Biblioteca. Imaxes
Saída do alumnado de 3º e 4º ao cine
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria achegáronse hoxe ata Numax para ver a película "O que arde". Unha oda á Galicia rural que conta co privilexio de ser a primeira película en galego proxectada no Festival de Cannes e que, ademais, conseguiu o premio do xurado nese mesmo festival. Imaxes
O máis alto do podio nº41 9 de decembro de 2019
A informacion deportiva de Oroso resumida polo alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Hoxe cunha nova sección: "Quen é o que máis sabe do deporte en Oroso?".
Amigo Invisible 2019
Unha cortiza, un brick de leite, unha mazaroca, miles de cousas que andan por casa e poden transformarse con algo de maña e imaxinación nun fermoso agasallo para un compañeiro ou compañeira. E por que non tirar da experiencia dos avós, avoas, bisavós ou bisavoas que de seguro que o que lles sobran son ideas. Tendes dende o 9 ao 16 de decembro para entregar os agasallos. Moitas grazas pola vosa colaboración!
Saída do alumnado de 5º e 6º a Ponte Maceira
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participaron esta mañá no programa de Educación Ambiental "O río que nos une: Explorando o Tambre". Aquí podedes ver as imaxes e unha nota na prensa.
Experimentos en Galego na Biblioteca
A lámpada de lava, o arco da vella lácteo ou a fonte máxica son algúns dos experimentos que nos deixaron abraiados durante o recreo de hoxe da man dos nosos compañeiros e compañeiras científicos. Aquí tendes todas a imaxes.
Retratando ás avoas e aos avós
A avoa Erundina, o avó Alfonso, a avoa Auva, son só algúns dos fantásticamente retratados e retratadas polo alumnado de 6º de Infantil.
O máis alto do podio nº40 2 de decembro de 2019
Contos de Medo V
Aquí están os gañadores e gañadoras desta quinta edición do Concurso de Relatos de Medo.
Clásica Ü nº15
Menús Comedor Decembro 2019
O máis alto do podio nº39 25 de novembro 2019
Clásica Ü n°14
O máis alto do podio nº38 18 de novembro de 2019
III Certame de Entrevistas Radiofónicas
Mes das Ciencias en Galego
Visita Xogadores do Obradoiro
O luns 18 visitarán o centro David Navarro Brugal e Maxime de Zeeuw, xogadores do Obradoiro. Imaxes
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »