Skip to Content

Blogue de crissap

DRAGÓNS POLO LÉREZ

 O pasado 19 de abril, o alumnado de 5º visitou a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e navegou a bordo dun DRAGÓN.

Comezamos a xornada visitando as instalacións da Escola de Piragüismo e, despois duns exercicios de quecemento, pasamos unha solleira e refrescante mañá navegando polo Lérez ao ritmo dos tambores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SEN DÚBIDA, FOI UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE!

 

 

CHARLA INFORMATIVA: LGTBIQ+

Hoxe, o  alumnado  de  5º  de primaria, tivemos  unha charla informativa sobre

LGTBIQ+ impartida por persoal especializado da “Cruz Vermella”.

Todos sabemos que a diversidade está presente na nosa  sociedade, e é por iso

que  precisamos  unha  xuventude  moito  máis  respectuosa  e  inclusiva.

Día Internacional del Orgullo LGTBIQ+ 2023 | www.casamerica.es

Ao  longo  da sesión, ademais de  aprender diferentes termos, sensibilizámonos

co colectivo LGTBIQ+ para así previr posibles delitos de odio no futuro,  que

lamentablemente están aumentando a día de hoxe.

 

 CONSTRUAMOS UNHA SOCIEDADE MÁIS

EQUITATIVA, IGUALITARIA E XUSTA!!

 

OBRADOIRO: EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

O alumnado de 5º participamos nun obradoiro de Educación para a Saúde, impulsado polo Concello de Pontevedra.

A través de dúas sesións de 100 minutos de duración, abordáronse cuestións como as habilidades sociais, a resolución de conflitos, a empatía, a educación emocional ou a autoestima.

Grazas a Carolina, especialista que impartiu o obradoiro, reflexionamos xuntos sobre moitos aspectos fundamentais para ter un correcto crecemento persoal. Ademais, en cada unha das sesións, a charla estaba acompañada de divertidas actividades e xogos para traballar o aprendido.

            

      

 

 APRENDEMOS MOITÍSIMO E PASÁMOLO XENIAL!

AGARDAMOS REPETIR O VINDEIRO CURSO!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O pasado 7 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller e englobado dentro do Proxecto das Olimpíadas, tivemos a gran sorte de recibir no noso colexio a dúas piragüistas internacionais que participarán nas vindeiras olimpíadas en París: CAROLINA GARCÍA e SARA OUZANDE


Contáronnos, a partires de vídeos e imaxes,  como foi a súa traxectoria profesional como mulleres deportistas e o importante que é o esforzo á hora de conseguir os nosos soños. 

Ademais, tamén contestaron ás nosas preguntas e incluso nos firmaron autógrafos!! 

Sen dúbida, non esqueceremos facilmente esta visita tan especial!

 

DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE EN PARÍS!!

 

OLIMPÍADAS DE ENTROIDO

Este ano no cole disfrazámonos de diversos deportes, xa que estamos a traballar as OLIMPÍADAS.

Los 10 mejores juegos de las Olimpiadas - Plarium

A intensa chuvia non conseguiu augarnos a festa e, como cada ano, reunímonos tod@s na casa verde de Salcedo. Alí interpretamos as nosas murgas, previamente preparadas na aula, con un gran sentido do humor e un chisquiño de crítica.

 

 

 

 

 

 

 

PASÁMOLO XENIAL!!!

Nas seguintes entradas do blog, poderedes ver o vídeo da MURGA de 5º e outras actuacións da aula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut