Skip to Content

Blogue de crissap

NADAL 2023: FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

O pasado 20 de decembro xuntámonos tod@s para celebrar o FESTIVAL DE PANXOLIÑAS.

Cada curso, cantou, interpretou e bailou unha panxoliña.

Ollade o ben que o fixemos!

NADAL 2023: VISITAS ESPECIAIS

Despois dun longo trimestre de traballo e esforzo, chegou o momento de festexar todos xuntos o nadal.    

 Este ano, tivemos a sorte de recibir unhas visitas moi especiais:

- O luns 18 de decembro visitounos o tradicional personaxe orixinario do interior rural de Galicia: O apalpador.

 

- O mércores 20 de decembro recibimos a visita de Papá Noel e o mismísimo Grinch! que nos deixaron un agasallo para a nosa aula.

 

MOITAS GRAZAS!! 

 

PRIMEIR@S GAÑADORES DO RETO MATEMÁTICO!

Despois dun fantástico traballo intelectual, intentando resolver cada semana os complicados RETOS MATEMÁTICOS... por fin chegou o momento de coñecer aos primeir@s gañadores!

Moitísimas grazas a tod@s os participantes e, xa sabedes, a continuar dándolle ao coco!!

 

25 N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este ano, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, elaboramos un mural cooperativo.

Ademais, de modo simbólico, puxémonos tod@s unha pulseira cunha gran mensaxe:

“A VIOLENCIA DE XÉNERO NON TEN IDADE”

 

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A INFLUENCIA DOS RAIOS SOLARES SOBRE A TERRA

Despois dunha longa temporada de chuvias, por fin volveu o sol!    e isto permitiunos comezar cun novo proxecto que levaremos a cabo ao longo de todo o curso: Proxecto de investigación sobre a influencia dos raios solares sobre a Terra”.

A investigación consiste en medir a sombra que proxecta un pau no centro da pista de fútbol e rexistrar os datos recollidos. Dita medición realizarase sempre ás 12:30 h.

Antes de comezar a medición da sombra, reflexionamos sobre cales eran os factores a ter en conta para poder comprender a influencia dos raios solares sobre a Terra: os movementos de Terra, inclinación do eixe terrestre, afelio e perihelio, solsticios e equinoccios...

Unha vez rexistradas as medicións durante todo o curso, observaremos os cambios e chegaremos a distintas conclusións

NUNS MESES COMPARTIREMOS CON TOD@S VÓS AS CONCLUSIÓNS ÁS QUE CHEGAMOS

 

ATA PRONTO!

Distribuir contido


by Dr. Radut