Despois dunha longa temporada de chuvias, por fin volveu o sol! e isto permitiunos comezar cun novo proxecto que levaremos a cabo ao longo de todo o curso: “Proxecto de investigación sobre a influencia dos raios solares sobre a Terra”.
A investigación consiste en medir a sombra que proxecta un pau no centro da pista de fútbol e rexistrar os datos recollidos. Dita medición realizarase sempre ás 12:30 h.
Antes de comezar a medición da sombra, reflexionamos sobre cales eran os factores a ter en conta para poder comprender a influencia dos raios solares sobre a Terra: os movementos de Terra, inclinación do eixe terrestre, afelio e perihelio, solsticios e equinoccios...
Unha vez rexistradas as medicións durante todo o curso, observaremos os cambios e chegaremos a distintas conclusións.
NUNS MESES COMPARTIREMOS CON TOD@S VÓS AS CONCLUSIÓNS ÁS QUE CHEGAMOS
ATA PRONTO!