O pasado xoves, 10 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Saída do Armario, tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, que impartiu unha charla para sensibilizar e concienciar ao alumnado sobre a necesidade de tolerancia, respecto e igualdade de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero.
A asociación ARELAS é unha asociación de familias de nen@s e adolescentes transexuais, cuxo obxectivo é traballar e promover a defensa dos dereitos d@s nen@s e adolescentes trans en todos os ámbitos da súa vida.
Ao longo da sesión, e sempre a través de exemplos e vivencias reais, aprendemos os catro elementos que conforman a diversidade afectivo - sexual: sexo asignado, identidade sexual, orientación sexual e expresión de xénero. Falouse tamén sobre os roles e comportamentos de xénero “normativos” e sensibilizámonos co colectivo LGTBI+ para así previr posibles delitos de odio no futuro, que lamentablemente continúan presentes a día de hoxe.
PORQUE TOD@S SOMOS DIFERENTES, RESPECTEMOS A RIQUEZA DA DIVERSIDADE!